Acceso Aberto, ALFIN, BUSC, Formación, Minerva

Open Education Week 2018: unha achega dende o repositorio Minerva

 

Estamos a piques de comezar coa Open Education Week 2018. Este evento, celebrado internacionalmente, pretende poñer de manifesto a importancia dos recursos en aberto para a educación, impulsando  a oferta e visibilidade  de materiais e ferramentas en aberto.  Como ben din na páxina de presentación, a idea de compartir non é nova na educación. O que se pretende é aúnar esa idea de ben público coa tecnoloxía de hoxe. Coordinado polo Open Education Consortium, un conxunto de institucións educativas que abrangue universidades, centros de investigación e outros, a idea desta semana de eventos é espallar a necesidade  visibilizar estos recursos, da riqueza que supón compartir e aunar esforzos e, tamén, destacar o aspecto igualitario que teñen actividades encamiñadas ao coñecemento e o ben común.  Contan cunha páxina web onde explican a filosofía do proxecto e os actores implicados, ademáis de animar a participar a todos tipo de institucións do ámbito educativo, amosando os seus materiais. No apartado “Projects and resources” atopamos dende os MOOCS do MIT ata  recursos de OpenMed ou, mesmo, un feixe de materiais procedentes da Europeana Foundation sobre emigración . 

Dende a BUSC queremos facer unha achega aos recursos en aberto que, en forma de unidades didácticas, temos dispoñibles no repositorio Minerva e que son de variada temática.  Imos ver onde e como podemos acceder a eles. No  apartado Docencia e innovación educativa atopamos as seguintes subcomunidades:

 

Tomemos como exemplo, a primeira, Arte e Humanidades, desprazándonos ata  “recursos docentes”. Atopamos alí unha comunidade que ten como título Unidades didácticas

Se botamos unha ollada, temos unha serie de materiais que podemos reutilizar e aproveitar, tendo en conta sempre as licenzas dos documentos.  Sobre os termos e condicións de uso dos materiais depositados en Minerva, recomendamos vexades esta ligazón. 

En Minerva, tamén dentro das comunidades do Servizo de Normalización Lingüística, atopamos outra vía de acceso. Cómpre salientar, que o SNL fai uns obradoiros para Elaboración de unidades didácticas, dirixidos ao PDI., e como resulta desta actividade, temos esta colección de unidades didácticas baixo a colección SNL-Unidades didácticas. Estas unidades edítanse polo Servizo de Publicacións. 

Dende aquí, animamos á comunidade universitaria non soamente a facer depósito dos seus traballos en Minerva, senón a darlle unha oportunidade a este evento. Que teñades unha boa semana de educación aberta!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

Advertisements
%d bloggers like this: