BUSC, Catálogo, Fondo antigo, Patrimonio, Recursos propios

Catalogando teses doutorais: as dedicatorias como xénero literario

JAVI VILLAR TEIJEIRO

 

As persoas que temos pasado a experiencia de catalogar teses doutorais dentro das nosas tarefas bibliotecarias, non podemos deixar de adicar uns minutiños a ler as dedicatorias, aínda que, ás veces, son moi extensas e pormenorizadas.  Hainas variadas: dende os que adxudican aos seus cans un papel primordial na elaboración destes traballos académicos e aos paseos coas súas mascotas os momentos de maior inspiración, ata os que agradecen ás súas avoas o cocido dos domingos como aporte fundamental nas súas investigacións.

E polo visto, esta costume xa ven de lonxe. Atopamos nunha tese de 1912 unha dedicatoria breve, pero sen dúbida, altamente impactante:

 

A figura do pai e a relación paterno filial emocionan; a metáfora da árbore pode revelar un estilo literario elevado. Preguntámonos  quen se agocha detrás desta dedicatoria e desta tese. Pero non, non imos desvelar  a autoría desta publicación de principios do século XX. Imos emular a outro xénero (neste caso televisivo), o de o concurso tipo  “Saber y ganar” e ver quen é de adiviñar quen se esconde detrás desta dedicatoria.

Pódese identificar con esta información?:

-“Alejandro”, galego nado en Redondela, chegou a ser unha personaxe moi coñecida.

-Estudou Medicina na USC.

-Foi deputado pola circunscrición de Pontevedra.

-Presentou esta tese en 1912 pero non na USC.

-Foi reitor de Universidade, pero non da USC.

-Un exemplar da tese consérvase na Biblioteca Xeral da USC

Lamentablemente, non se pode dar un premio de 2.326.500 euros por acertar a identidade de “Alejandro”, pero si pode valer para coñecer máis de preto a biografía dun galego que merece ser tomado como exemplo de bonhomía.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Catalogando teses doutorais: as dedicatorias como xénero literario

  1. Me encanta la iniciativa! Podría ser Alejandro Otero Fernández?

    Gústame

    Posted by Isa | 4 Abril 2018, 13:15

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

Advertisements
%d bloggers like this: