BUSC, Persoal de bibliotecas

Mensaxes nos libros: una historia para un 23 de abril (e unha convocatoria)

Ás veces, aparecen nos libros que levamos para casa cousas esquecidas. Entradas de cine, marcapáxinas, algún post-it con unha nota, cousas casi naturais no día a día de quen traballa con libros. O ano pasado, por estas datas, na BUSC fixemos unha pequena exposición (podedes achegarvos as obras e contidos na ligazón do noso depósito Minerva Exposición bibliográfica: Curiosidades da BUSC onde atopamos, entre outras cousas, a referencia a unha goma de borrar que quedou agochada anos (e prácticamente “fosilizada”) dentro dun exemplar.  Do que é coidar os libros, non subliñalos, pensar que son de toda a comunidade é unha frase clásica que temos sempre na boca o persoal de bibliotecas ou, tamén, usuarias e usuarios que comprenden perfectamente esta cuestión. Non estamos todo o día coa ameaza na man nin dando a chapa, pero si que cómpre lembralo.

Ata aquí, todo correcto. O que pasa é que, ás veces, aparecen cousas que desconcertan. Non estamos convidando a ninguén a que faga nada semellante ao que vos imos contar; temos taboleiros de novas onde podemos deixar mensaxes, temos redes sociais, etc. Pero isto foi …divertido.

Poñamos que vostedes collen na Biblioteca Xeral o libro Por favor, mátame: la historia oral del punk, de Legs McNeil & Gillian McCain , editado por Celeste en el año 1996 y con tradución ao castelán de Ricky Hill.

 

E, como vedes, xa leva uns cantos lectores ou lectoras, polo que vemos na folla de préstamo:

Polo que vemos, é un libro de certo éxito. Pero o que nos deixou abraiadas, foi que cando levantamos a folla cos préstamos, víamos algo escrito alí con boli vermello, algo que NUNCA debedes facer, que quede claro 🙂 )

Alí había un convite, unha porta aberta a falar do libro, do punk. E, o mellor de todo: non era a primeira persoa que deixaba unha mensaxe! Quen o deixou advirte que o teléfono que está dentro do libro (e que aínda non atopamos, imos lendo pola metade) non lle pertence.. E deixa un correo electrónico (evidentemente non amosamos cal por moito que o fixera público. Por outra banda…mixmail, algún ou algunha usuario/a na sala? 😉

“Si estás haciendo un trabajo sobre el punk o simplemente te apetece charlar sobre ello “

Esta luva lanzada ás  persoas que poideran coller o libro- por moito que fixera algo que non se debe facer cun libro dunha biblioteca- non deixa de ser un xeito de comunicación fermoso. De sempre existiron estas mensaxes, pero que alguén quera, a mediados dos noventa, ter unha conversa sobre punk (“si estás haciendo un trabajo o, simplemente, quieres charlar” di moito da capacidade que teñen as bibliotecas de xuntar persoas con intereses comúns.. Esta persoa facía case o mesmo que fai un clube de lectura: falar do que lemos, cambiar impresións, debater. E, guste ou non, é unha historia aberta  para un 23 de abril, para lela ou para lembrar os libros que cambiaron a nosa vida, cómo e de qué xeito chegamos a eles, quen fixo a recomendación, cales aínda están agardando por nós ou cantas mensaxes poderemos atopar no futuro.

E algo máis: acabaría coñecendo a alguén con quen falar, alguén escribiría a ese correo electrónico coa vontade de botar unha parolada, de falar de música e documentais, doutras lecturas arredor do asunto? Qué pensades vos, cómo remataría esta historia?  Se tedes unha idea, mándanos a túa resposta ao correo historiasnoslibros@gmail.com, recompilaremos e faremos un post coas mellores. Botádelle imaxinación ao asunto! 🙂  Poñemos de prazo o vindeiro 11 de maio, e como límite de extensión …digamos que o texto que podemos meter nun post-it amarelo, que é o xeito mellor de deixar mensaxes. Non esquezades incluír o voso nome e correo electrónico de contacto para poñérmonos en contacto con vós (teremos unha sorpresa para os mellores).

Bo día do Libro e dos lectores e lectoras que queren coñecerse e falar do que atopan nos libros!

 

 

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Mensaxes nos libros (2) : a vosa creatividade responde | Fonseca - 28 Xuño 2018

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: