Acceso Aberto, Comunicación científica, Minerva, Repositorios

OA2020, os últimos (derradeiros?) boicots a grandes editoriais científicas e algo máis.

Páxina de inicio do proxecto OA2020, prema na imaxe para chegar ao sitio.

Lemos sopbre o  do último boicot  a Elsevier protagonizado polo consorcio sueco, uníndose asi ao que xa sucedeu en Alemania e tamén en Francia con Springer. Non é algo novo:  Sobre boicots e as súas consecuencias temos falado en diversas ocasións, Os boicots a Elsevier, as consecuencias e algunhas preguntas .no momento no que se facía público que o consorcio alemán DEAL pechaba as negociacións coa devandita editorial por non chegaren a un acordo. Estase aboando un novo terreo para o Acceso Aberto coma unha realidade total? Ben, vaiamos por partes:

-Por unha banda, é certo que un novo “plante” dos consorcios universitarios evidencia a necesidade dun cambio no sistema de comunicación científica actual e, especialmente, nas condicións dos paywalls sobre OA nas revistas académicas. Por outra banda, temos xa diante o ano 2020, no que, por mandato da UE, os resultados das investigacións financiadas con fondos públicos terán que ser públicas e accesibles,

-E certo tamén, como subliñan no artigo de Nature  Europe’s open-access drive escalates as university stand- offs spread. que os investigadores buscan “novas” formas alternativas de conseguir as publicacións que precisan, non sempre dentro da legalidade ( _ Sci-Hub, open access e o sistema de comunicación científica). O feito de que a contorna dixital potencie esa práctica protexiu, en certo sentido, ás bibliotecas das protestas do persoal investigador que non acada o que precisa por non teren suscrición. Si ben o cese das negociacións non sempre é únicamente cuestión de prezo (aunque como é lóxico é unha parte importante do asunto), o feito de establecer paywalls e embargos ou que as condicións para publicar en OA nas revistas de determinados grupos editoriais sexan máis ou menos flexibles é unha variante a ter en conta tamén.  Outro aspecto sobre o que cómpre reflexionar é tamén o aspecto práctico do feito da publicación en según qué revistas ou como restrinxe aos investigadores, a compensación (digámolo así) por publicar en aberto (traemos un artigo interesante ao respecto) e, sobre todo, a defensa do trasfondo ético do asunto (o financiado con fondos públicos revertindo no ben público).

-Hai un crecemento firme do interese polo acceso aberto en Europa? Pois si, a tenor dos datos: pero tamén é certo que por moito que o obxectivo sexa a publicación total en aberto do acadado con cartos públicos, aínda queda un bo treito por percorrer.

Gráfica tomada do artigo de Nature (prema na imaxe para orixinal)

 

E falamos xa, entón da iniciativa OA2020, establecida na 12º Conferencia Mundial sobre Acceso Aberto do ano 2015 apoiándose previamente na Declaración de Berlín do 2003 que promove, como eles mismos din no seu manifesto:

 

 ” unha transformación das revistas académicas actuales, pasando do sistema de paywall actual a novos modelos de publicación en OA que permitan a reutilización de resultados académicos, asegurando a transparencia e sostenibilidade dos gastos derivados da publicación”

 

Para isto, baséanse no sistema das “Cinco Forzas Competitivas” de Porter, indicando (segundo un artigo) de Björk) que o modelo de publicación, tal e como está agora, neutraliza a competitividade e deixa fora a outros actores posible, facendo imposible intervir no control dos prezos.  O cambio necesario para facer sostible unha publicación masiva en OA pasaría por establecer sinerxias que conduciran a unha estratexia moi simple: ir progresivamente desfacéndose das suscricións e establecendo novos modos de fomentar, apoiar e financiar a publicación en aberto, garantindo, ao mesmo tempo, un modelo de negocio moito máis transparente. Para nós é especialmente interesante o papel que outorga ás bibliotecarias e bibliotecarios nesta nova transición de modelo:

O vídeo no que se explica o proceso :

 

 

O Manifesto do que falabamos antes podemos lelo e descargalo en castelán nesta ligazón: Manifestación de interés sobre la implementación a gran escala de Acceso Abierto en revistas científicas

Entre a lista de entidades signatarias acadamos un número significativo de entidades europeas, algunha española tamén, asi como diversas norteamericanas e asiáticas,.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

Advertisements
%d bloggers like this: