BUSC, Catálogo, De autor, Fondo antigo

O que ven á BUSC da biblioteca de Valle-Inclán

Valle-Inclán, departindo con representantes da Paramount Pictures no Ateneo de Madrid, arredor de 1932. De que falaban? Pois dunha posible adaptación cinematográfica de “Romance de lobos”. (Arquivo persoal da familia Valle-Inclán, legado á USC e custodiado xa na BUSC)

Valle, en México en setembro de 1921.

Xa coñecedes todos de primeira man a estreita relación que ten tanto a USC como a BUSC co legado de Valle-Inclán. Xa hai tempo, Margarita Santos Xas- directora da cátedra Valle-Inclán- presentaba parte do traballo que realiza o equipo do que ela forma parte, e fíxoo dun xeito especial cunha entrada no noso blog, que vos deixamos de novo aquí: Arquivos de autor: o legado Valle-Inclán Alsina, manuscritos e impresos.

Coa emoción aínda da presentación de onte (A USC recibe a biblioteca persoal de Valle-Inclán), pedímoslle a Javier Valle unha breve nota urxente sobre o que ven nesta morea de caixas. E contounos o seguinte:

O que ven cara a BUSC, son arredor de 315 caixas que conteñen:

  1.  A biblioteca de Ramón del Valle-Inclán que podemos dividir en: libros sen adicatoria e libros adicados. Suman en total maís ou menos 4.600 títulos, dos que algo máis de 600 son obras con adicatoria manuscrita. Entre os autores galegos hai que citar a Rafael e Eduardo Dieste, Álvaro Cunquiero, Ramón Cabanillas, Enrique Amado Domínguez, Juan Bautista Andrade, Joaquín Arias Sanjurjo, Lisardo Barreiro, etc.
  2.  A colección de publicacións periódicas.
  3. Varios centos de documentos como cartas, facturas, postais, recibos…
  4. Varios tomos encadernados de documentos das diferentes familias que entroncaron coa familia Peña e a familia Valle.
  5. Maís de 150 de tomos encadernados de noticias de prensa, divididos en Biografía, Cine e Teatro, desde 1936 até comezos do século XXI, que foron recoletados por Mercedes Alsina Gómez-Ulla e Carlos del Valle-Inclán Blanco.
  6. Unha colección de fotografías de estreas teatrais, de programas de man e de cartaces de diferentes obras de Valle-Inclán representadas en España e no estranxeiro, que xuntaron Mercedes Alsina e Carlos del Valle-Inclán durante as súas vidas.
  7. Unha colección de monografías e revistas que tratan da vida e obra de Ramón del Valle-Inclán, que xuntaron Mercedes Alsina e Carlos del Valle-Inclán durante as súas vidas

Deixamovos tamén unhas imaxes dalgunhas das dedicatorias de outros escritores a Valle,  para nós (e agardamos que para vos tamén), algo moi emocionante e doutros aspectos do legado.

 

Dedicatoria autógrafa de Antonio Machado a Valle-Inclán na primeira edición de “Campos de Castilla”.

Dedicatoria autógrafa de Jorge Guillén na primeira edición de “Cántico”.

“Poema en catro tempos” (1931) de Eduardo Blanco Amor.

 

 

Un dos tomos das recompilacións de prensa aludindo a novas sobre vida e obra de Valle. Neste caso un exemplar de “Heraldo de Madrid” de 1928 onde se da conta dunha posible falsificación dunha dedicatoria de Valle.

Panorámica dalgúns dos exemplares adicados a Valle por diversos autores. Destacamos aquí o exemplar de Dieste.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: