Acceso Aberto, Alfabetización e competencias, ALFIN, Comunicación científica, Ferramentas, Persoal de bibliotecas, Recursos electrónicos, Repositorios

XVI Xornadas CRAI : o que nos contaron, o que fixemos

Despois de varias xornadas CRAI sobre MOOCs, en 2018 ábrese un novo ciclo temático adicado aos laboratorios dixitais. Dende a BUSC asistimos César Pérez, Marie-Pierre Bouyssou e Lorena Gómez a unha nova edición que tiveron lugar en Valencia os días 7 e 8 deste mes de xuño á nova edición titulada Los laboratorios digitales: un servicio de apoyo digital a la docencia, la investigación y el aprendizaje. 

Os laboratorios dixitais e os makerspaces relaciónanse con espazos que promoven a aprendizaxe activa e a experimentación coas TICS nun ambiente de colaboración informal. A biblioteca pode crealos ou colaborar na creación dos mesmos, brindando así aos usuarios e usuarias a oportunidade de realizar- de xeito indivudual ou colaborativo- contidos para fins moi diversos.

No acto de  apertura, presidido pola reitora da Universitat de València, deuse a benvida a os 130 asistentes procedentes de 41 institucións. Posteriormente, a primeira intervención estivo a cargo de Harriete Hemmasi, da Brown University, coa súa ponencia titulada Introducción a los laboratorios digitales: qué son, para qué sirven, a quién se dirigen, qué servicios ofrecen. 

Harriette Hemmasi na súa intervención, plantexando cuestións que relacionan o traballo no makerspace coa comunicación científica.

Hemmassi fixo unha análise do concepto de “digital scholarship” entendéndoa como unha converxencia de habilidades e competencias dixitais para o taballo na contorna académica. Este conxunto de capacitacións implican descobremento, transferencia, compromiso, interdisciplinariedade. Falou tamén da importancia da información dixital neste contexto no que cambian os roles tanto do PDI como do persoal da biblioteca, e subliñou a necesidade e importancia dun espazo no que desenvolver programas dixitais.  Chegou deste xeito ao novo concepto de makerspaces presentando as actividades que se poden desenvolver neles tales como a dixitalización, espazos de deseño industrial e audiovisual, estudos de gravación, obradoiros de Arduino e robótica, deseño en ·D… A idea fundamental do exposto por Hemmasi é que os makerspaces fomentan un ensino participativo e transversal, no que traballan tanto o PDI como o PAS. Abondando nesta idea, entrou máis pormenorizadamente nos produtos da impresión 3D e as posibilidades que ofertan, que van dende imaxes anatómicas e mapas topográficos, modelos ede obras de arte e de obxectos arqueolóxicos ata a preservación dixital soporte de texto. Abordou tamén na súa intervención a cuestión da formación que debe recibir o persoal da biblioteca para poder atender os laboratorios dixitais e a necesidade conseguinte de harmonizar ao persoal de biblioteca adicado a tarefas tradicionais co que se dedica a tarefas dixitais). Un aspecto moi importante que plantexou é cómo traballar cos resultados obtidos en termos de preservación e tamén de transferencia de investigación, propoñendo que sexan as biblitotecas, a través dos seus espazos virtuais, as que dirixan a tarefa.

En canto a programación do servizo, a biblioteca debe falar:

  • Cos estudantes: propoñerlles a idea e escoitar as súas respostas e as súas necesidades.
  • Cos xestores: para convencerlles de que a inversión vailles aforrar espazos novos nun futuro. (A Biblioteca de Brown buscou ademáis financiación externa).

A seguinte ponencia, Cómo conseguir una verdadera asociación del CRAI/Laboratorio digital con sus usuarios: retos y oportunidades estivo a cargo de Lars Binau, Team Manager da Biblioteca DTU de Dinamarca.

Binau comezou a súa intervención expoñendo o paradigma de aprendizaxe que se basea no constructivismo social, no diálogo e na experimentación. Este concepto, orientado a proxectos, contempla problemas reais, fundamentándose na creación colectiva. As actividades cobren un amplo abano: clases teóricas, resolución de problemas, traballo en equipo e exercicios de aprendizaxe activa; con actividades que inclúen a gravación das clases e o almacenamento das videoconferencias, dun xeito similar ao que coñecemos como “flipped classroom” ou “clase invertida”. A continuación, presentou a nova biblioteca intelixente da DTU, un proxecto de creación cooperativo ao servizo da aprendizaxe arredor de preto dos 11000 estudantes da devandita universidade. Esta biblioteca ofrece espazos “flexibles” para eventos, exposicións ou  laboratorios de medios, entre outras opcións. Ademáis incorpora tecnoloxías avanzadas como o control automático do medio (temperatura e iluminación), localización automática dos libros …Neste modelo de biblioteca, estudantes, profesores e empresarios comparten aprendizaxe, do mesmo xeito que un dos espazos deseñados permete a estes últimos comunicar aos estudantes as súas necesidades. O alumnado que quera atopar financiación para os seus proxectos ten que realizar unha planificación por escrito e gravar un vídeo onde presente a súa proposta.

Tras esta ponencia tivemos unha mesa redonda moderada por Obdulia Vélez, coordinadora de la Línea 2 de REBIUN, na que participan os ponentes da primeira xornada e tamén Manel Lozano (Universitat Pompeu Fabra) y Teresa Malo de Molina (Universidad Carlos III de Madrid). Antes de  que a moderadora pase a formular algunhas preguntas aos participantes, Teresa Malo e Manel Lozano expuxeron as súas experiencias , en particular as dúas estratexias institucionais distintas para implantar un laboratorio dixital. Lozano contou como o CRAI da UPF (no que xa existía previamente unha converxencia entre perfís de informáticos, persoal de bibliotea e de audiovisuais) evolucionou, casi de xeito natural, cara un laboratorio dixital. Teresa Malo, pola súa parte, anunciou a apertura en outono do primeiro makerspace da Universidade Carlos III, un proxecto que xurdiu fóra da biblioteca e ao que esta puido unirse despois. Salientou tamén os rasgos que definirían o perfil do bibliotecario ou bibliotecaria que traballe nestes espazos: desexo de aprender, capacidade de comunicación, gusto pola tecnoloxía…no seu parecer, convertiránse en mediadores.

Nas seguintes sesións, tivemos a oportunidade de ver máis pormenorizadamente as experiencias dos dous centros dos que nos falaran pola mañá.

Harriet Hemmasi ofertounos o primeiro: o Center for Digital Scholarship Brown University., presentando a historia do mesmo; unha institución que leva formando parte da formación dixital da devandita universidade dende os anos 70.  Nesa década, iniciouse como unha experiencia docente de poesía con ordenadores, derivando despois no Scholarly Technology Group, cuxo obxectivo era dar soporte das TICs na investigación, docencia e comunicación científica. A creación dun “servizo dixital” enraizado na estrutura da biblioteca facilitou, polo tanto, a solidez e continuidade do proxecto, a súa transformación. Subliñou vivamente o papel da biblioteca na comunicación científica, concluíndo que. no caso dos estudantes, as bibliotecas apréndenlles a ler, escribir e pensar na era dixital. Como detalle importante, a valoración que fixo na súa exposición do repositorio institucional, que nas súas palabras, ademáis de funcionar como depósito pode converterse tamén no portal da creación académica dunha determinada institución.

O segundo caso, presentado por Lars Binau, chamábase Reframing a library space building in an indoor IOT living lab e resume o obxectivo desta nova biblioteca intelixente. Comezou explicando que tiveron que transformar o espazo adicado aos libros (para os que tradicionalmente se construíron as bibliotecas) nun lugar para as persoas, onde estas se atoparían cómodas, como en casa. Grazas á dixitalización, os libros prácticamente desapareceron da biblioteca, ubicándoa nunha corrente de innovación e nun proxecto nacional chamado Digital Denmark .  A incorporación de IoT (Internet das Cousas), precisa tamén de sensores e cámaras que deseñan, por exemplo, mapas de movementos (trackmaps). Segundo o ponente, os obxectivos estratéxicos deste proxecto son tres: espazos educativos e servizos, innovación de datos (data innovation) e xestión dos edificios e servizos.

No segundo día das xornadas, desenvolvidas na Facultat de Medicina, as persoas asistentes tivemos a opción de escoller entre dous grupos de traballo.

O primeiro deles aludía ao proveito que se pode render dos laboratorios dixitais; os retos e oportunidades que poden ofertar ao persoal da biblioteca. Este obradoiro dividiuse en dúas actividades: por unha banda, un debate en pequenos grupos sobre os espazos da biblioteca e os seus usos. Despois de que cada un dos participantes describira a biblioteca na que traballa, fíxose unha reflexión sobre cambio estratéxico desexable nos espazos da biblioteca. Fíxose como remate un intercambio de ideas, escollendo unha cada grupo e compartíndoa despoís cos demáis grupos. A segunda actividade baseouse nun debate sobre laboratorios dixitais organizado do mesmo xeito que a primeira actividade. O escenario era o desenvolvemento dun laboratorio de innovación e emprendemento. Describiuse a fase de preparación (consulta de boas prácticas e distintos actores implicados, recursos dispoñibles, etc.); facendo posteriormente un estudo das necesidades, o que permitiría definir os servizos a prestar. Diseñouse un espazo con zona de fabricación, área de comunicación informal e espazos onde utilizar medios audiovisuais e outras tecnoloxías, así como unha zona para exposición.

O segundo dos obradoiros os que tivemos opción tiña como meta a creación dun makerspace, tendo en conta os aspectos de planificación, espazo, servizos e persoal. Aquí, os participantes dividímonos en grupos para estudar os diferentes aspectos da implementación do makerspace, facendo fincapé noa misión e orientación do servizo, o perfil profesional necesario, o marketing e difusión do espazo, os equipos que precisaríamos e o mantemento do mesmo, etc. Traballouse sobre unha choiva de ideas, engadindo tamén interrogantes como si é necesario ou non restrinxir e controlar o acceso ao makerspace, as responsabilidades finais do persoal implicado no traballo do espazo, e, especialmente, como deseñar unha estratexia transversal que permita o traballo con outros servizos da universidade. Ademáis disto, Teresa Malo- que coordinou a actividade xunto con Rosa Sánchez Hernández- interveu para contar como foi o proceso de creación e as características do makerspace da UC3M, comentando aspectos como dimensións físicas e custe económico, a orientación exclusiva ao alumnado (TFGs, asociacións de estudantes, etc.) Os proxectos alí realizados pasarían logo unha selección a cargo dun representante da facultade en colaboración co servizo de empendemento, o que facilita o contacto coas empresas. A dispoñibilidade de horarios e de espazos son os dous aspectos que, segundo Teresa Malo, fan da biblioteca unha aliada estratéxica. Un aspecto interesante do makerspace da UC3M é que a iniciativa de creación non partiu da biblioteca, senón que ésta uniuse como aliada e anfitriona, dun proxecto do que formaban parte distintas unidades da UC3M. Convén salientar isto, xa que indica a oportunidade que teñen as bibliotecas universitarias para xuntarse a outros proxectos, fomentando a transversalidade e o carácter interdisciplinar do traballo bibliotecario.

Ficha con un dos aspectos a desenvolver na actividade de creación dun makerspace.

Un dos perfiles profesionais que propoñía Teresa Malo na súa presentación para traballar no makerspace.

 

Tralas presentacións dos grupos de traballo e posta en común, procedeuse a clausura dunhas xornadas que deron pé a moito traballo conxunto e, tamén, a moita reflexión.

Para saber máis:

Canle en YouTube das Xornadas 

Conclusións dos workshops

Bibliografía sobre makerspaces, laboratorios dixitais, etc. 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: