Comunicación científica, Recursos electrónicos, Varios

Sobre artigos científicos, resumos e IMRD

Viñeta de Hilda Bastian baixo licenza CC BY-NC-ND. Prema na imaxe para orixinal

Hoxe comentaremos dous artigos que lemos nesta semana sobre aspectos da escrita académica e a súa principal manifestación, o artigo científico. E escollemos estes dous porque cada un á súa maneira trata aspectos relacionados tanto coa redacción propiamente dita como da ética que implica a autoría e a difusión; afondando tamén en como non perder de vista  estas cuestións na estrutura que escollemos no traballo.

Os abstract, os resumos dos artigos científicos, son recoñecidos como  a tarxeta de presentación dun traballo, e a súa importancia é salientable. Para que na morea de literatura científica dun determinado eido un investigador se deteña e lea con calma un artigo, o sumario do mesmo debe conter unha serie de elementos para facelo sistemático, atractivo e que non esqueza ningún dos elementos dos que se fala.  A autora do artigo Building a quick specific abstract: a quick checklist, Hilda Bastian, é tamén unha das redactoras do informe PRISMA for abstracts. No artigo establécense varios puntos

1.- O resumo ten que ter unha boa estructura interna, mesmo se o artigo non ten subtítulos.  Facilidade de lectura e facilidade para ser buscables son dúas das cualidades que apoian este aspecto.

2.- É interesante tamén incluir a metodoloxía empregada no título.

3.- Convén ter en conta o público obxectivo ao que vai dirixido o artigo : escribir para ser atopados por eles.

4.- Un resumo ten que ser coherente tanto nos aspectos expostos no artigo como na cobertura dos temas: non debe aparecer algo do que logo non se fale.

5.- Os resultados dos que se fala no abstract- e obxecto do artigo- teñen que ser equilibrados, non amosar únicamente os máis impactantes.

6.- Inclusión de identificadores.

 

Lemos no blog de Lluís Codina o extenso traballo Seminario de publicación académica: revisión de factores para el éxitoun preciso e axeitado traballo de todo o proceso de comunicación científic: dende o proceso de creación dos artigos ata o análise das revistas nas que se publican. ÍFaise unha análise polo miúdo da estrutura IMRD (Introducción+Metodoloxía+Resultados+Discusión). E amosa, ademáis, esta estrutura tomada das pautas de Elsevier Structure your article correctly

 

O traballo de Codina vai deténdose progresivamente nas distintas partes do artigo científico dividíndoas e facendo tamén apartados dentro destos. Engade ademáis un traballo recomendable para mirarse ao espello e saber se algunha vez cometemos estes erros  e subliñando o aspecto ético da escrita (plagio, rexeitar ou minusvalorar os traballos previamente publicados, ambigüidade e inconsistencia, autobombo..etc.) que  podedes ler en 10 tips for writing a truly terrible journal article.

 

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: