Comunicación científica, Ferramentas

Falando de Best Free Reference Web Sites

Logotipo de RUSA traído da súa páxina web. Premede na imaxe para acceso ao sitio web.

INÉS AMBOAGE GARCÍA

 

 

Atopar información científica en internet, non sempre é doado. Dispor de información de calidade, rigurosa e actualizada complícase aínda máis cando precisamos algo moi específico para un tema determinado e non temos o u non nos serven as bases de datos comerciais subscritas pola biblioteca.

Sabémolo ben nas bibliotecas cando alguén se achega para coñecer datos da evolución do prezo de mercado de tal metal, a distribución da poboación dun mamífero mariño ou as publicacións dunha autora do Sahel, por poner algún exemplo.

Esta necesidade non debe nova pois xa nos anos 90, e paradóxicamente coincidindo coa aparición de internet e a busca de datos e non só de artigos publicados, se xestou un grupo de traballo dentro da American Library Information (ALA) para axudar aos Servizos de Información.

O Reference and Users Service Association (RUSA), que así pasou a chamarse esa división da ALA, é hoxe un referente mundial, tanto polas súas recomendación como polas ferramentas e selección de recursos que proporciona.

Non podemos negar o sesgo anglosaxón das súas publicacións e escollas, pero tampouco o esforzo en recoñecelo e impulsar accións que poden axustarse a una biblioteca universitaria do sur de América, biblioteca pública centroeuropea ou a una especializada do sudeste asiático.

Da RUSA proveñen, por exemplo, as Health and Medical Reference Guidelines, Professional Competencies for Reference and User Services Librarians  ou as Guidelines for Library Services to Older Adults. Para os profanos, destacamos o empeño en poñer enriba da mesa a necesidade de preservación dos datos de usuarias e usuarios no entorno web, o respecto á súas decisións e o dereito á atención profesional. Carga especialmente contra os prexuízos do persoal bibliotecario e a intimidación que provoca a súa conducta.

Deixamos para outro día o asunto do acto intimidatorio de achegarse ao mostrador de préstamo ou ó servizo de información, para centrarnos nunha das súas recomendacións estrela: “Best Free Reference Web Sites“, é unha publicación anual recollida habitualmente cada outono na revista Reference & Users Services Quarterly. Trátase dunha selección de sitios web recomendados para proveer información actualizada e de recoñecida autoría sobre os temas máis diversos.

A selección de sitios faise dacordo a rigurosos criterios de selección en base á autoría, precisión, exhaustividade, usabilidade e buscabilidade do sitio. Son os membros do Emerging Technology Section, selecto comité da RUSA, os que propoñen, primeiro unilateralmente, media ducia de sitios de interesa. Logo dun proceso conxunto de revisión aprobase a lista anual definitiva formada por uns trinta recursos.

A selección anual pasa a formar parte do Combined Index, una listaxe alfabética dos mellores sitios de internet Trátase dunha selección de recursos alternativos ou complementarios ás bases de datos tradicionais que nas bibliotecas usamos á cotío.

Con todo, non é una iniciativa pechada a sesudas/os bibliotecarios. O contrario, está aberta a todas as persoas que queiran participar e as contribución sempre son benvidas. Anímaste?

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: