BUSC, Catálogo, Exposicións, Ferramentas, Galicia, Patrimonio, Recursos propios, Varios

Obxectos nas bibliotecas: de bastóns zoométricos e outros artiluxios da Historia da Veterinaria en Galicia.

INÉS AMBOAGE GARCÍA

 

 

Imaxe do bastón Rof (foto da Biblioteca Intercentros).

“Na biblioteca hai máis ca libros”. É una expresión que habitualmente vai seguida de “materiais multimedia”, “servizos e atención personalizada”, “fiestra aberta á información e o coñecemento”, etc, etc.

Hoxe referirémonos a algo máis prosaico (realmente?): os obxectos.

Ben poideran ser os obxectos esquencidos nas bibliotecas, pero farémolo sobre un artiluxio de metal doado á Biblioteca Intercentros de Lugo nos anos 90.

Primeiro plano do bastón Rof (imaxe da Biblioteca Intercentros).

Trátase dun bastón zoométrico, un instrumento para medir gando, que chegou á biblioteca xunto con outro material cirúrxico empregado na primeira metade do século XX. Cun peso aproximado de 3 kilos e medio e una lonxitude de 2 metros na súa posición máis estendida, este bastón de aceiro non é certamente manexable para o equilibrio e a marcha. Está exposto na vitrina da zona da entrada, xunto con material bibliográfico relacionado coa práctica veterinaria na Galicia daquela.

Baseados no chamado “compás Rof”, os bastóns zoométricos foron usados amplamente entre os anos 20 e 50 do século pasado. Ollalos e atoparnos nun tempo de feiras, impulso do agro e empeño por mellorar as razas é todo un!

Foi o veterinario Juan Rof Codina, o autor dun prototipo que había ser amplamente replicado e mellorado (as veces só estéticamente) na época. O chamado “compás Rof” presentouse no 1933. Non contamos con ningún modelo na USC, pero unha das primeiras unidades fabricadas atópase no Museo da Universidad Complutense de Madrid. Pola contra, sí conservamos na Biblioteca Intercentros os seus debuxos e anotacións autógrafas, xunto a un considerable material autógrafo pertencente ao seu arquivo persoal. Grazas a Diego Conde e a súa difusión da figura de Juan Rof e a historia da Veterinaria en Galicia, podemos acceder ao folleto dixitalizado “Compás Rof: instrucciones para su empleo”.

Abondan as imaxes para darnos unha idea da utilizade do instrumento. Non en vano, este veterinario de orixe catalán e “desterrado” en Galicia por causas políticas, empeñado nas melloras agrarias, gandeiras e culturais do agro galego, precisou medir máis de 2.000 vacas en multitude de feiras por toda Galicia para sentar as bases morfolóxicas da que sería a raza rubia galega.

Conde Gómez, D. (2016). El compás zoométrico de Rof Codina y su empleo. Amigos de la historia de la veterinaria [blog]. (Consultado 24 set 2018). Recuperado de https://historiadelaveterinaria.es/2016/08/31/el-compas-zoometrico-de-rof-codina-y-su-empleo/

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: