BUSC, Fondo antigo, Minerva, Patrimonio, Repositorios

Sobre libros censurados na BUSC: Fedro e Prometeo

Coma tódolos anos, estase a celebrar ata o vindeiro día 29 de setembro a Banned Books Week ou semana en contra da censura e pola liberdade da creación. Baixo o auspicio da ALA, intenta fomentarse unha cultura rica, variada e tolerante co respecto ao dereito a información que ten a cidadanía e da que as bibliotecas son garantes. Xa falamos o pasado ano das listaxes de libros censurados e das peticións, que a día de hoxe, seguen a facerse. Dende Lolita a Huckleberry Finn, cheas de libros teñen estado baixo a lupa dos gardiáns da corrección. As últimas novas amosan que algunhas cousas consideradas ofensivas volven estar de actualidade, e voltamos de novo a poñer enriba da mesa conceptos como respecto, liberdade de expresión, creación, etc. Teñamos en conta que no ano 2018 tanto as letras dun rap como as liñas satíricas (ofensivas para algúns) dos tuits poden levar a cadea.

Hoxe botamos unha ollada nos nosos fondos e imos comentar un exemplo sobre prohibicións e censuras bibliográfica. Partimos do post que escribemos o ano pasado Nos os inquisidores apostólicos, contra la herética pravedad y apostasía (…). Pois ben, hoxe traemos outro índice, pero algo máis recente: 1805. Deixamos a portada e unha páxina.

 

Chamounos a atención esa obriga de expurgar o Phrometeus de Fedro. Buscamos no catálogo da BUSC para ver se tiñabamos un exemplar que podera ter pasado polos rigores inquisitivos e atopamos este, onde vemos anotada a tinta: ” La fábula 14 está prohibida por el edicto de la Inquisición de Santiago de 23 de junio de 1805″.

Phaedri Augusti liberti et Fl. Aviani Fabulae : cum adnotationibus ad utrumque, accedunt fabulae graecae, latinis respondentes, et Homeri batrachomyomachia in usum Scholarum . Matriti : Apud Joachimum Ibarra…, 1775 . Signatura 9875. Prema na imaxe para ver o rexistro no catálogo.

Pero..que podía ter esta fábula, por qué podería considerarse “perigosa” a historia de Prometeo?   Segundo a fábula, Prometeo creou por separado, e en primeiro lugar,  ao home e a muller; despois, modelou os seus xenitais.  Tras cear con Baco, Prometeo, borracho, confunde  e aplica ao home os órganos sexuais da muller e a muller os do home.  Iso deu pe a que nesta fábula intentase verse a orixe da homosexualidade, segundo explica no prólogo á súa edición das fábulas de Aviano e Fedro o profesor Mañas Núñez.

Un pouco máis sobre activismo bibliotecario en contra da censura, aquí.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: