Acceso Aberto, Comunicación científica, Ferramentas

Listaxes brancas e negras: novas accións contra as revistas depredadoras

Xa temos falado neste blog, en diversas ocasións, das listaxes de revistas depredadoras. En realidade, teríamos que decir “a listaxe negra” dado que a que iniciou todo isto foi a de Beall, ben coñecida xa polas persoas adicadas á comunicación científica e, lóxicamente, polo propio persoal investigador. Desaparecida de xeito repentino- fálase de presións e mesmo de demandas por difamación- podemos acceder a unha versión arquivada da listaxe e, tamén, a un blog paródico da mesma. e, tamén, interpretacións diversas, que van dende a persecución e o acoso ata o cambio de campo de estudo. Un interesante artigo We know now why Jeffrey Beall removed list of allegedly predatory publishers, oferta unha teoría a ter en conta, algo que tamén fai Controversial website that lists predatory publishers shut down. Sexa polos motivos que sexa, a necesidade de “resucitar” a idea de facer unha nova lista, ou polo menos, ter un espazo onde recompilar  publicacións claramente fraudulentas fixo que agromasen diversas iniciativas.

Isidro Aguillo, a partires dun tuit do experto en OA Richard Poynder, facía a seguinte pregunta:

Falemos un pouco das dúas, Cabells e tamén a white list de @DOAJplus.

Proporcionar a comunidade académica ferramentas para unha axeitada publicación é o obxectivo principal de Cabells, segundo din na presentación na web.

A lista negra de Cabell,que ten un tratamento exhaustivo baseado en 65 indicadores, non é nen wiki nen traballo gratuíto dunha única persoa. O que comezó sendo un traballo de clase, rematou sendo un servizo con multitude de ferramentas, , tamén métricas e asesoramento, en colaboración con Thompson Reuters entre outros. Ofertan un traballo de calidade na comunicación científica, e convidan aos xornais que cumpran os requisitos a incluírse nunha “listaxe branca”.
A listaxe “branca” de DOAJ preséntase como aberta e xestionada por unha comunidade, ofertando tódolos datos de xeito gratuíto.

 

No fío de Twitter ao que facíamos referencia ao principio, fálase tamén doutra ferramenta : thinkchecksubmit.   Neste brevísimo vídeo explican moi ben cales son os seus obxectivos., presentándose coma unha ferramenta integral para axudar a atopar xornais e revistas científicas acaídas para publicar unha investigación determinada. Promove-la integridade da comunicación científica é o obxectivo deste proxecto que conta  cunha ampla variedade de colaboradores entre os que destacan Springer, BioMedCentral, LIBER o ISSN National Centre.

 

 

Nun artigo moi interesante do blog de Bibliovirtual titulado Predatory journals y la publicación científica, recóllense moitos dos aspectos que afectan a unha comunicación científica transparente e efectiva e que vai máis lonxe das revistas depredadoras e de listaxes nas que están incluídas: o modelo de acceso aberto, efectivamente, vese moitas veces seriamente danado pola existencia destas publicacións, pero tamén o non poder acceder as publicacións precisas para unha investigación fai que agromen e medren modelos piratas (semellantes a o peer to peer na música e no caso Napster) como SciHub, do que xa vos falamos en distintas ocasións.

 

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: