Acceso Aberto, Comunicación científica, Recursos electrónicos, Repositorios

Máis sobre o Plan S : pros e contras, o debate e nós.

Open or closed? Fotografía de Adrian Levine en Flickr con licenza CCBY 2.0 Prema na imaxe para orixinal.

 

Unha das principais críticas que afectan ao Plan S (do que xa vos falamos en Fonseca no post  Coalition S: (Science+Speed+Solution+Shock) : un plan radical para o acceso aberto en Europa)  é  o que ten que ver coa liberdade do persoal de investigación para dar a coñecer (onde e como queira) os seus traballos de investigación. Ao pouco tempo de saír a proposta do Plan S, unha carta asinada por preto de 950 investigadores e investigadoras, coa bioquímica sueca Lynn Kammerlin á cabeza, mostraban o seu rexeitamento ao plan, aducindo restricións da devandita liberdade académica na publicación.  Unha explicación reduccionista destas reaccións en contra do Plan S sería etiquetar a todos estes investigadores como uns aliados do sistema de comunicación científica xa asentado (coa súa avaliación de publicacións, non esquezamos, e que Kammerlin recoñece) e contrarios ao establecemento dun sistema universal de acceso ao coñecemento. Nada máis lonxe: a propia Kammerlin coñece ben o contexto, sendo ela mesma editora de varias revistas híbridas e algunhas outras de puro OA.  Lendo polo miúdo, as reticencias van máis polo modelo escollido que pola filosofía global do asunto: o medo a un cambio non é un medo no sentido, digamos, “gatopardiano”, senón a obxeción ao rexeitamento das revistas híbridas. Segundo expón Lynn Kammerlin, no seu campo, por exemplo, dubida que moitas das revistas máis coñecidas e valoradas podan soster un modelo CC BY “puro” e apela de novo á liberdade de onde e como publicar como unha das características esenciais da comunicación científica. Nunha entrevista posterior, avalía como positiva o modelo proposto por un dos grandes defensores do Plan S, o Wellcome Trust británico, que non financiará a publicación en revistas híbridas, pero non a prohíbe, algo que parece será o modelo que se vai impor de forma xeralizada (Flunders flesh out details of Europe’s bold Opan Access Plan ).

Michael Eisen, da Universidade de California e coñecido defensor e activista do Acceso Aberto, refuta as ideas e reticencias de Kammerlin expoñendo que a libertade de publicación (e acceso aos resultados da actividade investigadora) si aparece recortada cando hai que pagar inxentes sumas polas suscricións a revistas e, por outra banda, se segue a manter unha “oligarquía” de revistas arredor de indicadores como o factor de impacto. Por outra banda, e este é un aspecto fundamental tanto nos pros e nos contras, as axencias de financiación implicadas, polo momento, non son moitas, polo que os matices e o impacto do modelo en futuras reformas noutros países ten que vir acompañada dunha implicación social: a cidadanía ten que estar informada e ser consciente do necesario que é un sistema de ciencia aberta, un sistema de ciencia sostible.  Unha explicación moi completa ven no artigo Movimiento open science: un nuevo plan para liberar a la ciencia europea. Aínda que España non está incluída nesta pléiade de axencias de financiación que fan un compromiso por implantar o Plan S, para nós, dende esta biblioteca é un tema apaixoante polo que pode supor de modelo. E fixemos un pequeno experimento: durante uns dous meses tivemos unha columna no noso TweetDeck recompilando todos os tuits co cancelo #cOAlitionS. Velaí un exemplo: 

E quedamos impresionadas coa resposta no debate, non soamente por parte do mundo académico (o cal sería totalmente lóxico) senón tamén por parte dos xornalistas, dalgúns medios que non teñen moito que ver con ciencia e, tamén, por parte da cidadanía. Quizais esto non teña moita importancia a nivel xeral, pero é indicativo, na nosa opinión, de que a necesidade de debate está creada, e de xeito bastante proactivo (hai fíos enteiros con propostas). Quizais, e soamente quizais, sexa este un xeito de facer un pequeno movemento a prol da necesidade de cambio no sistema de comunicación científica comezando pola base.

Deixamos algunhas reflexións sobre o tema que amplían necesariamente a mínima exposición que fixemos:

 

Researchers sign petition backing plans to end paywall 

 

E un post moi ben artellado no blog da Biblioteca Carlos III:   Publicar en acceso abierto, APC,y otras controversias del futuro panorama editorial 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: