Comunicación científica

E logo ti de quen ves sendo?: sobre revistas nacionais e internacionais

Xerado con the-keep-calm-omatic. Pulse na imaxe para orixe.

 

 

 

Xa sabedes que neste blog somos moi defensoras do coñecemento colectivo que aportan as redes sociais. Non é a primeira vez que por un comentario en Facebook ou un fío en Twitter chegamos a coñecer cousas de gran importancia ou curiosidade, especialmente no campo da comunicación científica.

O pasado día 8 asistimos a unha interesante conversa, porque iso foi, en Twitter, onde @mariabibliovirtual lanzaba a seguinte pregunta:

 

A verdade é que o que temos na cabeza moitas veces cando falamos de “revista internacional” é que sexa extranxeira, polo tanto a pregunta non ten unha resposta tan obvia como parece. De feito, produciuse un pequeno debate entre os participantes.  Un dos principais criterios de avaliación da actividade investigadora é ter publicado en revistas de difusión internacional, pero…que sentido ten, na era de Internet e da información “globalizada” facer esta distinción?  A esto aludía, por exemplo, @jmedino do proxecto @bibliobaremo, así como ao feito de que na proposta que eles manexan- que merecería un post aparte: proposta de baremación de méritos de investigación elaborada por bibliotecarios e bibliotecarias do sistema público de saúde– eliminouse esta consideración.

Outros participantes engadiron outras cuestións:

  • Así, por exemplo, @jmmorang subliñaba dous principais criterios: que aceptase papers do extranxeiro e, tamén, que se publicase dun xeito que permitira difusión internacional. Eso excluiría, por exemplo, a unha revista española que soamente aceptase traballos en español e non, por exemplo, en inglés.  Isto parece moi claro, certamente, pero…que consideración tería,tendo iso en conta, unha revista española que aceptase publicacións en inglés?  A efectos dunha baremación: un investigador de, poñamos por caso, Toledo, publica nunha revista española que acepta traballos en inglés…considéraselle esa publicación como internacional ? O que provoca outra cuestión que saíu tamén no fío: entón, é mellor, para cumprir criterios, publicar nunha revista internacional que non teña FI polo feito de que é “internacional”e contaría máis?  Segundo sinalaba @reumacia, por definición, moitas veces as revistas españolas asúmense como “nacionais” nas avaliacións, e non ten por que ser así.
  • @biblioCHT engadía outra cuestión : a confusión e indefinición dos baremos (mesmo chegando a falar de “revistas homologadas”). Considérase moitas veces “nacional” como publicada en España; internacional, como publicada noutro país e punto final. Onde quedaría entón o tema da “difusión” se a revista ten versión electrónica, na era de Internet?
  • Engadíuse tamén que “internacional” implicaba ter un consello de redacción internacional, por oposición a local, na mesma liña do que comentabamos no primeiro punto.

A conclusión, foi  un artigo que nese mesmo fío trouxo Oskia Agirre (@oskia) asinado por Miguel Navas-Fernández, Ernest Abadal e Rosangela S. Rodrigues titulado Internacionalidad de las revistas científicas españolas indizadas en Web of Science y Scopus

Analízanse aquí catro aspectos fundamentais:

-Artigos en inglés.

-Artigos de autores estranxeiros.

-Colaboracións internacionais.

-Miembros estranxeiros dos equipos internacionais.

 

Con aportacións de : @bibliovirtual, @oskao, @jmedino, @BiblioCHT,@jmmorang.  Moitas grazas por un fío tan interesante!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

Advertisements
%d bloggers like this: