Os días 6 e 7 de xuño de 2019 celebraranse no Salón de actos Novoa Santos da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela as II Jornadas de Gestión do Patrimonio Bibliográfico. Organizadas polo Grupo de Traballo de Patrimonio Bibliográfico de REBIUN e a Universidade de Santiago de Compostela, a BUSC participará como colaboradora e coordinadora das mesmas.
O prazo para a inscrición nas xornadas, así como para a presentación de comunicacións, está aberto. Nesta edición teremos dous apartados fundamentais de traballo: por unha banda, o primeiro foco abrangue cuestións relativas á xestión da colección – ás bibliotecas históricas como apoio á docencia e investigación, incorporación de RDA, dixitalización e difusión, entre outros- ; e un segundo adicado á conservación e restauración, con aspectos como condicións medioambientais, encadernación, manipulación, etc. Pensamos que os temas son de grande interese non soamente para persoal de arquivos e bibliotecas, senón tamén para estudantes, PDI e todas aquelas persoas vencelladas co mundo do libro e do patrimonio ou interesadas no mesmo.
Podedes ver toda a información na páxina web do evento.
Conversa
Aínda non hai comentarios.