Acceso Aberto, Comunicación científica, Recursos electrónicos

De rankings e Google Scholar Citations

A principios deste mes de xaneiro, o Laboratorio de Cibermetría do CSIC publicou un novo ranking: listaxe das universidades máis punteiras baseándose nos perfís de Google Scholar Citations do seu persoal investigador.  A sorpresa chega cando, buscando a USC, atopamos que está excluída do devandito ranking. As razóns, segundo Isidro Aguillo, responsable do proxecto, serían o desleixo no coidado dos perfís persoais de Google Scholar Citations, inzados de autorías mal atribuídas, duplicados, autocitas e cuestións de ética máis que dubidosa; aspectos non alleos á maioría das universidades excluídas. Pódese consultar o ranking e as condicións de elaboración do mesmo aquí: Transparent ranking: Top Universities by citations in Top Google Scholar profiles

A responsabilidade de manter un perfil “limpo” e actualizado correspóndelle ao PDI, revisando e corrixindo o  pertinente. Alén de fomentar a visibilidade e o impacto da investigación, hai un aspecto do que moitas veces non nos decatamos e que é básico non soamente por este ranking, senón por calquera práctica: o PDI vencellase sempre a unha institución, neste caso a Universidade de Santiago de Compostela. Soster perfís con atribucións inadecuadas, traballos duplicados, etc. redunda tamén no desprestixio da institución. Google Scholar  fai adscricións automáticas que compre revisar, do mesmo xeito (exemplo do propio Aguillo) que non aceptamos o borrador da declaración de Facenda sen botarlle unha ollada. E lembremos sempre, e isto é unha chamada ao PDI que poda ler estas liñas,  que o persoal da biblioteca está aí para formar, axudar e botar unha man nestas tarefas, non sempre doadas de manter.

 

Que cousas podemos facer para mellorar o noso perfil e a nosa visiblidade? Que aspectos hai que ter en conta para que o perfil que amosamos en Google Scholar cumpla con tódolos requisitos de ética investigadora? O principal e básico é ser conscientes de que se temos un perfil nunha rede, sexa a que sexa, temos que mantelo. Os aspectos máis básicos serían os seguintes:

  • Nome do investigador ou investigadora correctamente normalizado, así como o nome da institución, tamén normalizado. Precisamos desfacer ambigüidades, especialmente no PDI con apelidos comúns e non ter asi atribucións  mal feitas. O uso dun correo electrónico institucional na páxina é tamén un importante dato a ter en conta. Cómpre aquí ter en conta as instrucións sobre normalización da afiliación institucional
  • Activar a opción “manual” e acceder deste xeito a un control maior das publicacións, podendo tamén, se asi o desexamos, incluír nós mesmas as novas.
  • Importante: o control de artigos duplicados e fusión dos mesmos.

Hai moitas guías de creación e mantemento de perfís en Google Scholar. A nosa compañeira da Biblioteca Intercentros de Lugo Inés Amboage ven de impartir diversos obradoiros para persoal investigador e autorízanos a compartilr aquí as súas presentacións, onde podedes abordar tanto a creación de perfís como os aspectos máis relevantes do mantemento deles. Podedes consultalo aquí: Perfís e identificadores de autoría 

Outra das nosas compañeiras, María Cana, da Biblioteca de Económicas, ten tamén un traballo ben interesante e que está depositado en Minerva: O perfil do investigador: como aumentar a visibilidade

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: