Exposicións, Formación, Marketing bibliotecario

Cinco preguntas e cinco respostas sobre a táboa periódica…e unha exposición organizada pola Biblioteca de Química

Entrada á exposición “A táboa periódica”, na Biblioteca da Facultade de Química-

As compañeiras e compañeiros da Biblioteca e Química ofertan unha exposición sobre o  aniversario da Táboa Periódica dos Elementos; nin máis nin menos que 150 anos. Achégannos esta pequena presentación da mesma, que poderedes visitar ata o fin do 2019 na planta baixa da Facultade, para que teñamos algúns datos que permetan desfrutala mellor. A cargo da elaboración da mesma estiveron Gracia de Frutos, Carmen Quintela, Conchi Martínez e Pablo Santos.

Alumnado da Facultade comentando aspectos diversos da exposición.

Os elementos da natureza agrupáronse de diversas formas ao longo da historia, pero foi hai 150 anos cando o ruso Dmitri Ivánovich Mendeleiev (Tobolsk, 1834 – San Petersburgo, 1907) presentou unha táboa periódica para reunilos a todos, mesmo aos que estaban por descubrir. Coas achegas doutros científicos esta táboa converteuse no colorido corazón da química que coñecemos hoxe.

1.- Que é un elemento químico?

É a parte da materia constituída por átomos da mesma clase e que non pode ser descomposta noutras máis simples mediante unha reacción química. Calquera ser, vivo ou inerte, está constituído por elementos químicos. Por exemplo, nun teléfono móbil pódense atopar ao redor de 30 distintos, e no corpo humano case o dobre: 59 elementos.

Ata agora descubríronse e confirmáronse 118 elementos químicos. Os catros últimos son o nihonio, o moscovio, o téneso e oganesón. Grandes laboratorios de Xapón, Rusia, Estados Unidos e Alemaña compiten por ser os primeiros en obter os seguintes: o 119 e o 120.

2.-Que é a táboa periódica?

É unha táboa onde todos os elementos ordénanse polo seu número atómico (número de protóns), unha disposición que mostra tendencias periódicas e reúne a aqueles cun comportamento semellante nunha mesma columna. Trátase dunha ferramenta única, que permite aos científicos predicir a aparencia e as propiedades da materia na Terra e o resto do universo. Máis aló do seu papel crucial en química, a táboa periódica transcende a outras disciplinas, como a física e a bioloxía, e converteuse nunha icona da ciencia e da cultura.

3.- Como se fixo?

A mediados do século XIX xa se coñecían 63 elementos, pero os químicos non se poñían de acordo sobre a terminoloxía e como ordenalos. Para resolver estas cuestións organizouse en 1860 o primeiro Congreso Internacional de Químicos en Karlsruhe (Alemaña), unha reunión que resultaría transcendental.

Alí o italiano Stanislao Cannizzaro estableceu de forma clara o concepto de peso atómico (masa atómica relativa dun elemento), no que se inspirarían tres mozos participantes no congreso (William Odling, Julius Lothar Meyer e Dmitri Ivánovich Mendeléiev) para crear as primeiras táboas.

A de Mendeléiev foi a máis rompedora ao facer predicións e deixar ocos de elementos que se descubrirían despois, como o galio (1875), o escandio (1879) e o germanio (1887). Para algúns autores, a versión definitiva da táboa conseguiuse grazas ás achegas matemáticas do británico Henry Moseley.

4.- Cando completa Mendeléiev a súa táboa?

data oficial –tomada como referencia para o aniversario deste ano– é o 1 de marzo de 1869 segundo o calendario gregoriano, porque segundo o calendario juliano utilizado en Rusia naquela época sería o 17 de febreiro, como aparece no seu documento titulado A experiencia dun sistema de elementos baseados no seu peso atómico e similaridad química.

Conta a lenda que a idea do sistema periódico dos elementos veulle aquel día a Mendeléiev durante un soño, pero o químico ruso replicó unha vez: “Levo pensando nisto desde hai 20 anos, aínda que creas que estaba sentado e de súpeto… xa está”.

5.Quen promove a celebración do Ano Internacional da Táboa Periódica?

Asemblea Xeral de Nacións Unidas é a que proclamou 2019 como Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos (IYPT2019), xestionado a través da UNESCO. Na súa sede de París celebrarase a cerimonia de apertura o próximo 29 de xaneiro.

Entre os relatores estará o químico británico Sir Martyn Poliakoff, moi popular polos seus vídeos en Youtube e o que propuxo inicialmente organizar o IYPT2019 á profesora Natalia Tarasova, presidenta da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC).

IUPAC, que tamén celebra en 2019 o seu propio centenario, é outra das organizacións que apoia esta iniciativa. É a autoridade mundial en nomenclatura química, a encargada de denominar os novos elementos da táboa periódica de forma oficial.

Outras asociacións que promoven o IYPT2019 son a Unión Internacional de Física Pura e Aplicada (IUPAP), a Asociación Europea de Ciencia Química e Molecular (EuCheMS), o Consello Internacional para a Ciencia (ICSU), a Unión Astronómica Internacional ( IAU) e a Unión Internacional de Historia e Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía (IUHPS).

O papel das mulleres na táboa periódica nesta vitrina que forma parte da exposición.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: