BUSC, Catálogo, Exposicións, Marketing bibliotecario

“Malvadas, princesas, putas: a construción do feminino no cine” (unha exposición na Biblioteca de Xeografía e Historia).

 

Cartel da exposición na Facultade de Xeografía e Historia sobre o imaxinario da feminidade no cine.

O PAS da Facultade de Xeografía e Historia organizan esta exposición á que poderedes achegarvos ata o vindeiro día 15 no terceiro andar da devandita facultade. As persoas participantes na organización, expoñen aquí  a idea do proxecto e a reflexión aberta á que convidan as persoas que se acheguen a vela. 

Nesta exposición, organizada por PAS da Facultade de Xeografía e Historia, pretendemos facer un  percorrido polos modelos de feminidade propostos polo cine, incidindo en tres estereotipos fundamentais: a princesa, a puta e a malvada.  Seleccionamos filmes clásicos e cinema de xénero de distintas épocas, provenientes en gran parte da industria hollywoodiense, na busca dos primeiros referentes e das figuras icónicas máis influentes no imaxinario colectivo. Os documentos expostos pertencen aos fondos de revistas de crítica cinematográfica da nosa biblioteca. Nos casos que foi posible, seleccionamos os artigos contemporáneos ás estreas dos filmes. O obxectivo é buscar a continuidade do discurso no documento gráfico, facer unha crítica  dende a nosa propia perspectiva para mover á reflexión e presentar unha moi pequena parte da completa colección de fondos que sobre historia do cine e crítica cinematográfica posúe a biblioteca.

A proxección que acompaña á exposición divídese en dúas partes. A primeira, incide nestes tres modelos, destacando que é dende a mirada masculina que se constrúe esta clasificación e recreando ao final que sempre houbo castigo para as mulleres que pretenderan rebelarse contra o establecido. A segunda parte é unha montaxe contra a violencia de xénero.  A crítica feminista durante os anos 70 xa emprendeu unha reflexión sobre estes modelos que presentamos, simplificados nas figuras xustapostas de virxe/puta, madre/femme fatale. A pregunta é: seguen tendo vixencia estes estereotipos nos medios de masas actuais  50 anos despois?

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

Advertisements
%d bloggers like this: