Acceso Aberto, Comunicación científica, Recursos electrónicos, Redes sociais

ResearchGate e Springer Nature, unha alianza inesperada?

Grazas a Lydia Gil (outra vez, sempre avisándonos de cousas interesantes, moitas grazas!) chegamos a nova da proba piloto que están a realizar Springer Nature e Research Gate para mellorar a visibilidade dos artigos científicos.  Lembremos que ResearchGate é, neste momento, a rede social científica máis implantada entre a comunidade investigadora (os perfís persoais permeten, entre outras cousas,engadir artigos e traballos científicos). Lembremos que non sempre ResearchGate contou co beneplácito da comunidade editorial, é máis, ten sido acusada de mala praxis. O problema fundamental é, en moitas ocasións, o persoal investigador non sabe qué ou que non pode subir exactamente a plataforma. Dependendo do tipo de licencia que teña asinada coa editorial pertinente, subir un preprint pode non estar permitido, ou mesmo penalizado. Nalgunha ocasión os temos falado destes feitos, non está mal que lembredes o noso post ResearchGate e as protestas das editoriais  e, si sodes de Humanidades, podedes darlle unha volta tamén ao que vos contamos cando Elsevier demandou a Academia.edu en Academia.edu e a fase Napster das redes sociais científicas

 

 

Que implica entón este cambio de actitude? Polo que lemos na nota de Nature We like to share, había xa tempo que existía unha preocupación polas “malas prácticas” das que falabamos. E parece que acaban dándose conta de que facilitar a difusión de contidos, dun xeito ético e sostible, é unha solución mellor que agardar e facer demandas colectivas ante a xustiza. A iniciativa fai posible que artigos de 23 xornais diferentes, pertencentes ao grupo Nature, sexan accesibles comezando no ano 2017. O traballo “entre bambalinas” inclúe tamén a subida aos perfís persoais de ResearchGate das versións definitivas dos artigos.  Segundo informan en Nature, esta alianza é unha iniciativa complementaria de Sharedit, o proxecto que permete que ligazóns de solo lectura (unha especie de “streaming” do artigo científico) podan publicarse en redes sociais, blogs persoais de autores e mesmo repositorios. Subliñan tamén que todas estas iniciativas pretenden fomentar a visibilidade da investigación e dos perfís do persoal investigador.

Parece, polo tanto, que as redes sociais científicas teñen unha forza tal que mesmo a industria ten que adaptarse e flexibilizar as súas políticas. Agora ben, non podemos deixar de pensar que é unha maneira velada de loitar contra o black open access e SciHub en concreto, dado que a contorna médica é unha das máis afectadas polas descargas. Teremos que agardar e ver se este tipo de iniciativas acaban sendo adoptadas por toda a industria e conforman un novo xeito de difusión da investigación.

 

 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

Advertisements
%d bloggers like this: