Acceso Aberto, Comunicación científica, De autor, Repositorios

Agora que sabemos do Plan S… que é o Plan U?

L.G.

Onte sorprendeunos, para ben, a nova dun comunicado conxunto entre OA2020 e cOAlitions. O comunicado (na versión orixinal, aquí) incídese na idea de que tanto as axencias de financiamento (unidas baixo a cOAlitions, que derivou no Plan S) e as institucións de investigación aliadas a prol do acceso aberto (OA2020), diseñen unha estratexia común encamiñada á eliminación dos chamados paywalls. Seguindo a liña de que os resultados da investigación científica teñen que ser de acceso libre e dispoñibles para  toda a cidadanía; a tal efecto as dúas organizacións constitúen unha importante sinerxia nos dous lados da cadena científica. oA2020, pola súa banda, traballa nos chamados “acordos de transformación”, polos que se reutilizarían os custos de suscrición en financiar o acceso aberto. cOAlitions, pola súa banda, estableceu os principios do Plan S, coa idea de garantir o acceso completo e inmediato aos artigos académicos; ben sexa mediante a súa publicacións nas revistas de suscrición, as que constitúen a vía dourada ou noutros sistemas de publicación ou plataformas.  Se queredes saber un pouquiño máis polo míudo de que vai este Plan S, temos o post cOAlition S (Science+Speed+Solution+Shock: un plan para o acceso aberto en Europa , ao que lle engadimos algún detalle máis a medida que se foi consolidando o proxecto, como no seguinte artigo Máis sobre o Plan S: pros e contras, o debate e nós.

Nas pasadas xornadas de Bibliosalud en Oviedo, participamos nun obradoiro chamado Estrategias de publicación que mejoren la visibilidad y el impacto de la producción científica: 
El OA. Oportunidades de los bibliotecarios en Ciencia Abierta¿Dónde publicar adecuadamente? Elaboración de un “checklist”, impartido por María Sobrido Prieto e Alicia Fátima Gómez Sánchez. Falabamos da necesidade de estar ao día nas novidades e propostas vencelladas ao acceso aberto. Nun momento, unha das ponentes preguntounos: “Sabedes o que é o Plan S?” (aquí levantamos a man algúns e algunhas). “E sabedes o que é o Plan U?” e ficamos todas e todos calados. Dende ese momento, pensamos que tiñabamos que investigar algo sobre o Plan U, e escribir algo sobre esta proposta no noso blog. Neste chamado Plan U, o énfase ponse nos preprints ou versións primarias de artigos de investigación.  Baseándose no éxito de arxiv.org e como serviu de inspiración para outros servidores de preprints como bioRxiv, chemRxiv y EarthArxiv; o Plan U determina as seguintes cuestións (liñas básicas e grosso modo, o manifesto completo especifica moito máis):

  • Proporcionar acceso gratuíto a través de servidores de preimpresión
  • Establecer mandatos de preimpresión.
  • Revisión por pares aberta:

Cuestións como a permanencia dos artigos no depósito, metadatos fácilmente identificables e indexables, o establecemento de urls estables debatiríanse antes de facer o establecemento do Plan U. Lóxicamente, xurden algunhas dúbidas e non son pequenas: a revisión por pares, por exemplo, a posteriori, segundo algúns científicos, esixiría pouca actualización aos científicos. Por outra banda, pouco sabemos de quen está detrás desta proposta: nun artigo publicado en TechDirt- After Plan S, here is Plan U- sinalaban a científicos como Michael Eisen, John Inglis e Server. O primeiro deles é unha figura ben coñecida dentro das reivindicacións do acceso aberto: os outros dous son cofundadores do cada vez máis popular Bioarxiv .  Acudimos ao  Twitter do primeiro deles  para ver se podíamos engadir algo máis á “minimalista” (como din en TechDirt) declaración do Plan U. E, ben, se non unha reivindicación directa algo atopamos:

É interesante que non se considere unha alternativa ao Plan S, senón un xeito de engadir rapidez e dispoñibilidade aos traballos resultantes da investigación científica. Unha cuestión importante sería o tipo de licenza para o depósito.  Evidentemente, todo do que aquí falamos está moi no principio e, o máis interesante, moi relacionado co Plan S e as súas especificacións. Agardamos que cedo teñamos un espazo onde poder ler e coñecer algo máis desta iniciativa vencellada co acceso aberto.

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: De guerras no OA, piratería e conciencia cidadá | Fonseca - 12 Xullo 2019

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

Advertisements
%d bloggers like this: