Acceso Aberto, Comunicación científica, Repositorios

De guerras no OA, piratería e conciencia cidadá

Moitas veces queixamos de que a comunicación científica non aparece ben reflectida na prensa que chamamos xeralista. Queixamos de que cuestións coma avaliación da actividade investigadora, a relevancia que ten a publicación en aberto ou as cuestións relacionadas co factor de impacto, aparezan en moitas ocasións tratadas dun xeito algo superficial e que poda dar pé a equívocos. Outras, sen embargo, gostamos de que aparezan artigos que si fagan unha boa achega non axeitada soamente para o sector académico, senón tamén para toda a sociedade: a ciencia é patrimonial e todo aquelo que afecte tanto a súa difusión como coñecemento é unha cuestión ética común.  No artigo The open access wars:  How librarians, pirates, and funders are liberating the world’s academic research from paywalls atopámonos nesa dirección, aínda que con algunhas matizacións.

  • Partindo do sucedido coa ruptura de negociacións da UC con Elsevier no pasado mes de xaneiro: por qué a institución que xenera o 10% da produción científica dos USA deixaría ao seu persoal investigador sen acceso aos recursos documentais precisos para seguir traballando. Moi sinxelo: nun movemento arriscado pero firme, a UC pretendía unha reducción dos custos por suscrición e, ao mesmo tempo, a inclusión dunha claúsula de publicación en OA por defecto para o persoal investigador da UC (sempre que este quera facelo). As negociacións resultaron infructuosas e a UC propuxo o seu propio plan de publicación en OA.  Lembremos que a marxe de beneficio neto de Elsevier é dun 19% (máis do doble que Netflix, por exemplo).
  • É interesante o exemplo que poñen sobre o dobre pagamento por parte de bibliotecas e institucións para acceder aos resultados da investigación: poñen o exemplo dunha carreteira que se financia cos impostos dos cidadáns na que os traballadores da mesma non son remunerados, senón que se lles esixe pagar por traballar. Están estes traballadores contribuíndo ao ben común? Sí. Por qué teñen que pagar dúas veces? Non hai resposta ou, alomenos, resposta convincente. Lembremos que, ademáis dos monopolios e dos beneficios netos, as grandes editoriais da ciencia cobran moitas veces pola publicación, os traballos de revisión tampouco son remunerados… Hai tamén no artigo unha sólida revisión da historia das suscricións, comezando no final da Segunda Guerra Mundial na que aparecen como medio de venda ás universidades norteamericanas, pasando pola construción de oligopolos que concentran a maior parte das revistas publicadas en todo o mundo e rematando coa irrupción do dixital que, en canto de mellorar tanto o acceso como as condicións de negociación de prezos, pola contra, creou o sistema de paquetes de revistas que encareceu moitísimo as compras. Os “lobbys” editoriais argumentan que o mundo dixital incrementa os actores a ter en conta no traballo e, polo tanto, os prezos son máis altos. Tamén falan de que os cartos que reciben as bibliotecas das institucións das que forman parte para financiar o acceso á literatura científica considerouse, durante moito tempo, un gasto fixo. Segundo eles, cómpre decatarse de que estes gastos increméntanse. E claro, lóxicamente os boicots a industria non se fan agardar.
  • Cal é o papel que están desenvolvendo agora as axencias de financiamento? Pois a de liderar o cambio de mentalidade que faga do acceso aberto a forma natural na que a investigación financiada con fondos públicos sexa pública xa de orixe. Aos acordos alcanzados, previo boicot, polos consorcios de bibliotecas en Noruega e Alemania, a grande revolución neste sentido pode sustentarse no Plan S.
  • E que fan os científicos pola súa banda? Pois liderar tamén a súa propia revolución. O caso de Timothy Gowers, ao que se refiren no artigo, chamando á acción como xa se fixera nos inicios do acceso aberto, creando a súas propias revistas en OA. Visto así o cambio de xeito máis universal parecería moito máis sinxelo do que é; na realidade, unha das grandes reclamacións que fan os científicos é ese divorcio ao que xa nos referimos entre avaliación da actividade investigadora e filosofía do ben común: para facer carreira hai que publicar en revistas cun índice de impacto alto, esto repercute na consideración do acceso aberto como menos prestixioso e, tamén, menos rentable á hora de iniciar o percorrido polo podium académico. Cómpre tamén subliñar que os preprints forman parte da comunicación científica dende sempre, e os movementos que tamén parten da comunidade investigadora neste sentido o que teñen como obxectivo é engadir rapidez e, en ocasións, uhna revisión aberta. (véase, por exemplo, no noso blog o que temos falado sobre o Plan U).

Viñeta de @pedromics que amosa a visión que gran parte da comunidade científica ten das relacións coas grandes editoriais. Obsérvese abaixo de todo o corvo, símbolo de Sci-Hub. Tomámolo do Tw do autor, premede para orixinal.

  • Abórdase logo un aspecto que, pensamos, é suxeito da polémica. Xa vos falamos aquí e aquí do que era e o que representa Sci-Hub. Podemos pensar, como fan estes autores, que o site de acceso pirata pode funcionar como “aliado” na conciencia polo acceso aberto? Ou, máis ben, existe unha confusión sobre o “todo gratis” e a sostenibilidade do sistema de publicación? Podemos situar, case en igualdade de condicións, a filosofía do acceso aberto coa “ruptura de paywalls” que propugna Alexandra Elbakyan? (Poderíamos decir aquí “o voso turno” 😉
  • Finalmente, non podemos máis que aplaudir as consideracións do último párrafo: certamente, a comunicación científica vai pouco ou nada na axenda política e debería. E aquí sí pode entrar a concienciación popular de que os resultados das investigacións son patrimoniais e deben estar abertos a todas. E aí sí estaríamos dotando de voz e valor da cidadanía.
Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

Advertisements
%d bloggers like this: