Acceso Aberto, Alfabetización e competencias, Aplicacións móbiles, BUSC, Catálogo, Ferramentas, Formación, Galicia, Libros electrónicos, Minerva, Redes sociais, Repositorios

A BUSC en cinco preguntas e algúns vídeos

 

Se chegades hoxe á USC, benvidos e benvidas. Presentámonos como a @busc , as bibliotecas que dan servizo á comunidade universitaria da USC. Pode parecer un xeito moi sinxelo de presentármonos, polo que imos falar sobre algunhas cousas que, consideramos son importantes para comezar. E como o faremos? Ben, pois fixemos unha recompilación das preguntas máis  salientables que nos fixéchedes nos últimos anos a través das cales habituais (persoalmente, por correo electrónico ou teléfono) e tamén, nas nosas redes sociais. Certo é que temos na nosa web un amplo apartado chamado FAQs, onde vos explicamos cuestións básicas e non tan básicas do funcionamento da BUSC. 

Na nosa páxina, alí abaixo, están as preguntas máis frecuentes.

1.- P.Non sei como e onde comezar. Teño que pedir un carné especial? Onde podo facelo e en qué horario? 

R.– Claro que vale a TUI. Tes que dala de alta na biblioteca. E subliñamos: biblioteca, o que quere decir en calquera das bibliotecas que compoñen a BUSC. Lembrade tamén o tipo de usuaria que seredes.  Ah, e algo máis: a TUI é persoal pola vosa seguridade; lembrade que seredes responsables dela. E as bibliotecas teñen un horario común e xeral durante todo o curso: de 8.30 a 9.30  aínda que en períodos coma vacacións, exames, mudan algo. Tedes toda a información no apartado horarios da nosa páxina web. 

2.- P.- Unha vez que son usuaria da biblioteca…podo levar a casa calquera cousa? Como sei o que hai ou non na BUSC? 

R.-É fundamental consultar o catálogo: non soamente para coñecer a dispoñibilidade dos fondos; tamén porque podedes dende alí xestionar as vosas buscas, facer listaxes, etc. E aínda que estamos encantadas de que os nosos fondos teñan tanto éxito, a verdade é que temos algúns que non saen en préstamo, como son as revistas en formato papel, as teses e, tamén, os fondos máis delicados ou, algúns, valiosos: Iso podes velo no catálogo da BUSC, cando andas á procura dun libro. Un exemplo:

O catálogo informa tanto da dispoñibilidade do libro coma da ubicación do mesmo.

Qué sucede se non devolvemos un libro ou material a tempo? Ben, primeiro estaríamos perxudicando a quen o precise e, ás veces, sen motivo. Podedes renovar o préstamo, sempre e cando non haxa unha reserva feita. É moi sinxelo e na Biblioteca Concepción Arenal fixeron un vídeo onde explican como facelo dende a web:

 

 

3.- P. E se preciso dalgún libro ou artigo que non teñamos na BUSC? Podo pedilo a outra biblioteca galega, española ou estranxeira?  Teño que pagar algo?

Imaxe de Lynn Greiling CC0 Public Domain (prema na imaxe para orixinal)

R.-Se precisas dalgún material que non teñamos nas coleccións de BUSC, tes dúas opcións: facer unha solicitude de compra ou solicitalo por préstamo interbibliotecario. Dende o ano 2017, os usuarios propios da BUSC teñen subvencionado este servizo, cunhas condicións particulares dependendo do tipo de usuario ou usuaria que se trate. Agora ben, isto é un servizo que ten que ser utilizado con responsabilidade, polo que é moi importante revisar as condicións antes de facer solicitudes: que sexa un documento que non existe nas coleccións da BUSC, non repetir solicitudes, etc.

 

4.-Recursos electrónicos, repositorio Minerva, libros electrónicos…parece que hai moitas cousas na BUSC pero non sei ben como utilizalas. Alguén poderá axudarme?

R.– Por suposto. Na BUSC contamos cun Servizo de Información e Referencia  onde vos  poderán orientar e asesorar. Pero non é o único lugar onde podedes facelo:  tódalas bibliotecas que conforman a BUSC teñen programas de formación de usuarios, cun calendario establecido que podedes consultar dende cada micrositio e anunciados oportunamente.  Tamén se poden solicitar cursos á demanda, é decir, propoñendo ao persoal da biblioteca o aprofondamento nun determinado recurso ou ferramenta. Temos tamén autoformación, para o que podedes utilizar algúns vídeos na nosa canle de YouTube que vos poden axudar en cuestións concretas, como o que vos amosamos na pregunta anterior. Pero, se queredes coñecer un pouco máis polo miúdo o que son as competencias en información, dispoñemos dun espazo concreto na nosa web do que vos deixamos pantallazo, no que podedes premer para ver a información completa.

 

O que son as competencias en información (CI) e por qué precisamos adquirilas e melloralas.

5.- P.- A BUSC ten redes sociais? Que tipo de información podo atopar nelas?

R.– Pois claro, a BUSC e as súas bibliotecas teñen representación nas redes sociais, con perfís individuais nalgúns casos e, noutros, centralizados. Nos blogs facemos difusión de cuestións relativas á comunicación científica, recursos de información, fondo antigo e actividades como mostras. Podes seguirnos e manter o contacto con nós!

 

E para presentarvos algunhas das actividades que fixemos, así como os nosos puntos de servizo, deixamos o vídeo que fixemos para o pasado 8 de marzo, data moi importante para nós xa que nos outorgaron unha mención honorífica concedida pola Vicerreitoría de Comunicación,Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

%d bloggers like this: