Alfabetización e competencias, ALFIN, BUSC, Catálogo, Ferramentas, Formación, Libros electrónicos, Minerva, Persoal de bibliotecas, propiedade intelectual, Redes sociais, Repositorios

Xa están aquí os cursos en Competencias en Información da BUSC!

 

 

 

 

Coma sempre nos preguntades en qué consisten exactamente os nosos cursiños de Competencias de Información, pedímoslle á nosa compañeira Isabel Sempere, unha das profesionais da BUSC que os imparte, que nos contase un pouquiño polo miúdo sobre os contidos e o que podedes atopar nos mesmos.

 

ISABEL SEMPERE SERRANO 

Xa está aberta a matrícula dos cursos de competencias en información que organiza a BUSC!  Os cursos básico e avanzado son en liña, gratuítos e dotados cun crédito ECTS.

Competencias en Información

Cando falamos de competencias en información, competencias informacionais, ou alfabetización informacional estamos referíndonos a adquisición daqueles coñecementos, habilidades e comportamentos que nos capacitan para saber recoñecer cando necesitamos a información, saber onde e como buscala, saber evaluala e xestionala e saber comunicala de xeito adecuado. No século XXI, a información vai intimamente ligada aos conceptos dixital, multimedia ou computacional e non se pode entender sen as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)

Resulta evidente que a adquisición destas competencias é imprescindible para formar parte da nosa sociedade da información e do coñecemento e aínda que podería parecer innecesario dirixir esta formación aos considerados “nativos dixitais” a nosa experiencia constata que os mais novos seguen a precisar dunha educación axeitada relativa ao uso da información nas contornas dixitais.

Centrándonos no ámbito de la Universidade, a UE integra as Competencias en Información dentro da Competencia Dixital, e define esta como unha das oito competencias chave que todo estudante debe ter adquirido ao rematar a súa formación académica.

A BUSC contribúe á consecución destas capacidades mediante os Cursos de Competencias en Información (CCI) de nivel Básico, Avanzado e Experto.

· Básico, dirixido ao alumnado de primeiros cursos de Grao

· Avanzado, dirixido ao alumnado dos últimos cursos do Grao e pensado para axudar na realización do TFG

· Experto, dirixido ao alumnado de posgrao.

 

Os tres niveis dos CCI presentan con distintos grados de dificultade ou especialización, os servizos e os recursos que o estudiantado ten ao seu dispor tanto na USC como na Internet para satisfacer as súas necesidades de información e para coñecer como utilizala e difundila de xeito ético e legal.

BÁSICO

Os contidos distribúense en 10 módulos, que se axustan aos obxectivos propostos e competencias de acordo a un nivel básico:

0. Introdución ao curso

1. A Biblioteca e os recursos TIC da USC

2. Como buscar e usar a información

3. Buscar no catálogo da BUSC

4. Buscar na web da BUSC

5. Buscar información en internet

6. Como facer un traballo académico

7. Citar a información e evitar o plaxio

8. Traballando na rede

9. Seguridade informática. Protéxete

AVANZADO

Os contidos distribúense en 6 módulos, que se axustan aos obxectivos propostos e competencias de acordo a un nivel avanzado.

1. Que necesito aprender e para que cara ao Traballo de Fin de Grao (TFG)

2. A biblioteca universitaria (BUSC). Recursos TIC da USC á túa medida

3. Buscar información

4. Avaliar e organizar a información

5. Tratar a información. Como elaborar un traballo de Fin de Grao (TFG)

6. Comunicar e difundir a información

EXPERTO

Os contidos distribúense en 5 módulos, que se axustan aos obxectivos propostos e competencias de acordo a un nivel experto.

0.  A biblioteca universitaria (BUSC). Recursos TIC da USC á túa medida

1.  Que necesito aprender e para que

2.  Buscar información

3.  Avaliar e organizar a información

4.  O traballo de investigación. Elaboración, defensa e publicación

5. Comunicar e difundir a información

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

Advertisements
%d bloggers like this: