BUSC, Catálogo, Comunicación científica, Fondo antigo, Patrimonio

De exorcismos e vermes nun folleto da BUSC : Vade retro, Satanás!

 

Agradecemos a tradutora e latinista Maite Jiménez Pérez a súa tradución e axuda na interpretación desta curiosidade. Moitísimas grazas. 

Mergullarse nos fondos dunha biblioteca sempre nos proporciona sorpresas. No caso da BUSC, esas sorpresas prodúcense case decotío, dada a riqueza e variedade do fondo. Neste caso, tivemos a sorte de que a nosa compañeira Felisa nos falase dun curioso folletiño, gardado xunto con outros, onde se describía un exorcismo. A mención da palabra exorcismo trae sempre á mente, ademáis dalgúns fotogramas de películas ben coñecidas por nós,a idea de endemoniados, de persoas posuídas polo Maligno, botando espuma pola boca ou tirándose ao chan entre grandes convulsións.

 

Chegada do padre Karras á casa de Regan en "O exorcista". Tomamos o fotograma dun artigo no National Geographic, prema para orixe.

Chegada do padre Karras á casa de Regan en “O exorcista”. Prema para orixe da imaxe.

O que non tiñabamos visto era un exorcismo algo máis …digamos, prosaico. Neste impreso de arredor do século XVIII (está sen datar no catálogo, se alguén pode axudarnos, benvido será),  o exorcismo é para botar do corpo vermes, lombrigas, eses incómodos bechos que adoitaban visitar os intestinos dos doentes e quedarse neles un tempo longo.

 

 

Como vedes, aparece unha cruz e debaixo a oración. Os acrónimos que aparecen na cruz (V.R.S ,Vade Retro, Satana;  C.S.S.M.L. ,Crux Sacra Sit Mihi Lux…) son típicas da iconografía da Medalla de San Bieito, á que a crenza xeral atribuía sanación contra enfermidades de humanos e animais; tamén contra as tentacións do mal. Un pouco máis sobre o significado da medalla, podédelo ver no blog do Mosteiro de Silos, nesta ligazón.

E pasamos xa á propia descrición do folleto, comezando coa cruz e as súas aspas:

I.N.R.I. 

Velaquí a Cruz do Señor. 

Fuxide, forzas inimigas!

Raíz de David, Aleluia!

Venceu o león da tribo de Xudá. 

V.R.S.  (Vade Retro Satana) Vade Retro, Satanás!

C.S.S.M.L.  (Crux Sacra Sit Mihi Lux)  Que a Santa Cruz sexa a miña luz. 

N.D.S.M.D.  (Non Draco Sit Mihi Dux) Que o Demo no sexa o meu guía. 

N.S.M.V. (Non Suade Mihi Vana) Non me aconselles cousas vanas.  

S.M.Q.L.  (Sunt Mala Quae Libas) É malo o que me brindas. 

I.V.B. (Ipse Venena Bibas) Bebe ti mesmo o teu veleno. 

(Agora viría o propio texto do exorcismo):

 

Cristo vive, Cristo reina, Cristo manda,

Cristo a ti, criatura de Deus, de todo mal te defenda, 

Amén. 

Malditos sexan os Demos polo poder destes nomes santos de Deus: 

Adonai, Sebaot, Xehová, Elohim, Athanatos (Inmortal), Soter (Salvador), Homousion (Consubstancial), Tetragramaton (Tetragrama YHWH, Yaveh), Agios (Santo), Otheos (Deus), Ischiros (Forte), Mesías e Emmanuel.

Separámosvos desta criatura, de todo lugar e da casa, onde estean escritos os seus santísimos nomes, e ligámosvos, para que non podades de ningún xeito facerlle mal. Ide malditos á lagoa de lume, ou aos lugares que vos asignou o Señor. 

Manda en vós Deus Pai, manda en vós Deus Fillo, manda en vós Deus Espírito Santo. 

Manda en vós a Santísima Trindade, un só Deus. 

Amén. 

OREMOS

Pedímosche Señor Deus noso, que esta criatura reciba a túa bendición, que se salve en corpo e mente e que che amose congrua servidume e que atope sempre os beneficios da túa redención. Por Cristo Noso Señor. Amén. 

CONTRA AS LOMBRIGAS 

Que o poder de Deus Pai, a sabedoría de Deus Fillo, e a virtude do Espírito Santo te libere, e te cure, criatura de Deus, da enfermidade das lombrigas. Amén. 

No nome de Xesús Cristo Nazareno conxúrovos, lombrigas, a que, convertidas en auga, abandonedes este corpo, en honor ao Señor e pola insterseción da súa propia Nai purísima e de todos os seus santos. Amén. 

Polo sinal da Santa Cruz, que quedes libre, criatura de Deus, de toda enfermidade, que morran decontado estes vermes, e que, expelidos axiña lonxe, saian do teo corpo, para que gozosos no Señor, digamos para a súa loanza e gloria: Cando os malfeitores me atacan para devorar as miñas carnes…son eles os que esvaran e caen. Amén. 

El, que Verbo fíxose carne, e habitou entre nós , nacido da Virxe María, pola súa inefable piedade e a súa bondadosa misericordia, e pola intercesión de Santa María Virxe, de todos os santos e dos apóstolos e evanxelistas, pido que acceda a liberarte a ti, a súa criatura, e a manterte a salvo de toda infestación de Satanás e dos seus ministros. 

El, que vive co Pai e co Espírito Santo e reina polos séculos dos séculos. Amén. Amén. Amén. Que así sexa. Que así sexa. Que así sexa. 

 

Que vos parece? Pola nosa parte, quedamos con “ide, malditos, á lagoa do lume” e, dende logo, con “cando os malfeitores me atacan para devorar as miñas carnes…son eles os que esvaran e caen”.

 

Conversa

2 thoughts on “De exorcismos e vermes nun folleto da BUSC : Vade retro, Satanás!

  1. Veneceu o león > Venceu o león
    Agora vería > Agora viría

    Gústame

    Posted by Vi | 17 Novembro 2019, 23:05

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

%d bloggers like this: