Comunicación científica, De autor, Repositorios, Varios

Quen teme ao Open Peer Review?

Poderían ser un grupo de mulleres adicadas ao Open Peer Review, pero, en realidade é unha reunión de directivas da Women’s Social and Political Union (WSPU) e a foto tomouse arredor do 1906-1907. Prema para o enlace a Wikimedia Commons.

L.G.

Nos pasados días, sorprendeunos a nova publicada en Nature da acción que emprendeu Elsevier contra algúns revisores que, parece, “suxerían” ( e non de xeito moi sutil) mención aos seus propios traballos nos artigos que revisaban.  Elsevier, sempre atento ao que poda ir en contra dos seus intereses (lembremos a acción emprendida contra Academia.edu, por exemplo, ou contra Sci-Hub) é un convencido defensor da revisión por pares coma un proceso que garanta a transparencia e eficacia dos procesos de publicación de artigos. Nada que obxectar á existencia dun control de calidade previo a publicación de artigos científicos que garantan a consistencia do publicado. Agora ben, coma é lóxico, ben sabemos que a revisión por pares ven arrastrando unha serie de problemas (e de suspicacias con respecto á súa independencia e viabilidade) que non collen de sorpresa a ninguén que siga de preto os procelosos mundos da comunicación científica.  Sobre a historia do proceso de revisión de artigos, vos contamos algo no post Da historia e da crise da revisión por pares (autocita necesaria), e Lluis Codina  explica, nun artigo moi minucioso, todo o proceso coas súas variantes, sinalando tamén os seus erros; un dos máis salientables é a posterior retracción de artigos avaliados e previamente aprobados. Neste aspecto, para nós é fundamental o traballo que se fai dende Retraction Watch, un proxecto iniciado de forma totalmente independente e que conta moi ben cales son as súas intencións no seu primeiro post., onde insisten na necesidade de amplificar a repercusión das retraccións, poñendo así en evidencia os fallos do sistema. Nese sentido manifestábanse tamén Nikolaus Kriegeshorte, da Cambridge University, neste artigo publicado en The Conversation e que aludía ao escándalo do científico xaponés Haruko Obokata, que veu retractados no ano 2014 dous artigos considerados nese momento fundamentais e revolucionarios. O que se propón aquí é a necesidade dunha revisión por pares aberta, onde es eco provocado polas publicacións poda ser vixiado e debatido despois. Sobre este aspecto volveremos máis adiante.

Imaxe e logo da Peer Rview Week deste ano, adicada á calidade en OPR.

Na pasada semana celebrouse a Peer Review Week, sendo o tema fundamental deste ano Quality in Peer Review.  O obxectivo, segundo di na súa páxina web, sería subliñar o papel da revisión por pares ten no contexto da calidade científica. O evento, de orde mundial, ten conferencias e faladoiros, seminarios presenciais e virtuais e unha presenza forte nas redes. Agora ben, sabemos que a revisión é necesaria, pero tamén coñecemos as súas eivas, polo que, ao mellor, hai que buscar unhas novas formas de avaliar e corrixir as publicacións científicas.

O Open Peer Review é unha das propostas, máis ben un dos piares, da Open Science. Para rematar coa lentitude, cos “colexios invisibles” e, tamén co feito de que a revisión sexa un proceso pechado,, propónse traballar doutro xeito, máis público. O portal FOSTER (Fostering the practical implementation of Open Science in Horizon 2020 and beyond), é unha plataforma de formación en liña que oferta ferramentas e cursos para todas aquelas que queran coñecer máis polo miúdo tanto a filosofía na que descansa a Open Science coma os pasos que temos que dar para achegármonos a que sexa unha realidade.

 

 

Taxonomía da Ciencia Aberta, na que aparece o OPR como parte do proceso de avaliación. Esta imaxe está contida en: Pontika, Nancy; Knoth, Petr; Cancellieri, Matteo and Pearce, Samuel (2015). Fostering Open Science to Research using a Taxonomy and an eLearning Portal. In: iKnow: 15th International Conference on Knowledge Technologies and Data Driven Business, 21-22 Oct 2015, Graz, Austria. (Premede na imaxe para DOI)

 

 

 

Na súa formación sobre Open Peer Review fan un resumo moi claro das ventaxas (e tamén dos aspectos que quedan máis dubidosos) deste novo xeito de aceptar ou rexeitar artigos, entendendo a publicación científica como algo vivo:

  • Transparencia

  • Rapidez

  • Fiabilidade

  • Unanimidade

  • Contextualización

  • Motivación

Cantas reticencias terá que vencer o OPR antes de implantarse coma unha fórmula de revisión? O tempo dirá, pero a proposta, coma o prazo xa están enriba da mesa.

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: