Comunicación científica, Internet, Libros electrónicos, propiedade intelectual, Recursos electrónicos

Ver/Ler “O conto da criada”na biblioteca: informe da ALA sobre competitividade no mercado dixital

(Grazas a Ciro Llueca por quen chegamos a este informe da ALA nun fío de Twitter).

O pasado 15 de outubro, a ALA presentou un informe sobre o que consideran prácticas abusivas por parte do mercado editorial e o prexuizo que causan ás bibliotecas. Aínda que, coma é lóxico, o informe está centrado no mercado norteamericano, pareceunos interesante botar unha ollada aos distintos aspectos que abordan, tendo en conta que moitos deles nos afectan ás bibliotecas universitarias, en maior ou menor medida. En calquera caso

1.- Libros electrónicos: no informe insístese nunha cuestión básica: non é que as bibliotecas non crean nos libros electrónicos; ao contrario,o problema é o complexo que é chegar a acordos coas editoriais. The Big 5  (Hachette, HarperCollins, MacMillan Publishers, Penguin Random House,  ….) controlan o 80% do mercado editorial nos Estados Unidos. Unha das editoriais que compoñen esta elite, MacMillan, ven de anunciar un embargo de oito semanas para os ebooks en bibliotecas. É dicir: unha biblioteca pode mercar unha copia en dixital, pero ten que agardar oito semanas para facerse con novas copias que poñer ao dispor dos usuarios e usuarias, sin ter en conta o tamaño da comunidade á que serve o sistema biblitotecario (non ñé o mesmo unha única copia para Providence, Rhode Island, que para Nova York, con 92 puntos de servizo. Amazon publishing, por exemplo, non vende a bibliotecas, o que constitúe unha fenda económica importante: poderán ler determinados libros os consumidores que podan mercalos, os que acudirían a biblioteca, por non poder pagalos, Do mesmo xeito, o alto prezo imposto ás bibliotecas por outras editoriais (12.99 $ venda ao público en xeral; 51.99 $ para biblioteca do mesmo título) tampoco axuda moito e constitúe un claro caso de abuso. Neste punto, a ALA considera que negar ou retrasar novos contidos é un fallo de mercado importante, alonxando tamén ás bibliotecas da súa misión fundamental: o acceso a información en condicións de igualdade.

2.- Unha das reivindicacions dos problemas dende hai moito tempo é o acceso en streaming aos contidos dixitais. Poñamos o exemplo de “O conto da criada” ou ” When they see you”, dúas series de éxito recentemente emitidas por, respectivamente, Hulu and Netflix. Non existe posibilidade de mercalas en DVD. Non sería lóxico que as bibliotecas puideran proporcionar acceso a eses contidos? Como din no informe, mentres que proxectar o DVD na clase é claramente legal, que un profesor usase as súas claves de Netflix ou outra plataforma iría en contra da lei.  E, por outra banda, cómpre pensar no feito de que visionar calquera destes contidos pode ser obxectivo dun traballo de clase, tendo en conta que haberá alumnos e alumnas que estarán en clara situación de desvantaxe. Non soamente implica iso: o esforzo que as bibliotecas  están a facer por ofertar diversidade de contidos en diversidade de soportes vese totalmente mermada por esta restrición. (Nota: No caso español existen plataformas online xestionadas por bibliotecas como efilm para o visionado de películas, neste informe refírense máis ao feito de ter acceso a contidos que se están emitindo ao mesmo tempo nas plataformas: que un usuario de biblioteca poda acceder a HBO dende casa mentras que o seu veciño, por exemplo, ten suscrición). Aluden tamén ao mesmo problema no caso da música en streaming:.

3.- Los big deals en publicación científica son outro, como non, dos aspectos analizados no informe: despois dunha breve introdución sobre como ten evolucionado o mercado de adquisicións neste eido, aluden a un aspecto moi controvertido, como é o da obriga de manter a confidencialidade nas negociacións feitas coas editoriais. Por outra banda, os acordos feitos, case sempre a medio ou longo prazo, obrigan ás bibliotecas a destinar gran parte dos orzamentos a manter as suscricións de xornais, o que penaliza as compras de monografías ou suscricións independentes. O que nun determinado momento viuse coma un xeito de facerse con unha colección ampla y variada, convertiuse nunha cousa similar aos combos da televisión por cable: cantas canles realmente interesan? Realmente “máis é máis” ou botamos en falla a capacidade de escoller o que realmente aproveitamos? A progresiva concienciación de algúns consorcios bibliotecarios en relación con este feito leva a accións coma a ruptura do acordo con Elsevier por parte do consorcio californiano. Aínda así, os grandes grupos editoriais aínda teñen unha grande avantaxe e é o feito de que os artigos científicos, a produción reflectida nos xornais e revistas, non son sustituíbles.

4.- Prácticas anticompetitivas no sector do libro de texto: O libro de texto é un mercado cativ, o profesorado recomenda determinados textos aos estudantes e non hai opción aí doutras escollas. Nembargantes, nos últimos anos algunha editorial está a facer un movemento forte cara o mercado dixital: Pearson, por exemplo, anunciou este verán que deixará de publicar libro en papel, e Cengage comezou a migrar o seu modelo de publicación cara un sistema modelo Netflix (acceso completo baixo suscrición). A preocupación neste informe é determinar como e de que xeito van as bibliotecas a ter capacidade de decisión sobre os títulos que podan engadir.

5.- E o último punto: a transición entre unha industria tradicionalmente centrada nos contidos cara unha industria centrada nas analíticas e os datos. Ollo con isto: dende que as editoriais comezaron o movemento ao mundo dixital, teñen no seu poder unha inmensa, grandísima, cantidade de datos sobre estudantes, profesorado, obxectivos da investigación, productividade institucional e, tamén, a vida cotía nos campus universitarios, con todo o que iso conleva.  Estes conxuntos de datos representan un mercado potencial de billóns de dólares, con grande posibilidade de converterse nas novas Facebook, Google ou Amazon. A seguridade dos datos persoais xa se veu seriamente comprometida nalgunha ocasión, incluso con lexislación federal detrás. Por outra banda, este “reino do algoritmo”, que controlaría dende os máis beneficiosas (en termos económicos) campos de investigación ata a productividade do persoal docente, estase a convertir nunha “caixa negra”que non teñen en conta determinadas fendas ou que non poden ser analizadas dende a marxe de erro.

Conclúen decindo que a competitividade no mercado da edición académica está en perigo, tamén a capacidade das bibliotecas e outras institucións para negociar o acceso tanto a educación como a recursos de investigación en beneficio das súas comunidades. Os diferentes sectores do mercado están moi concentrados en poucas mans, e os grupos máis grandes están nunha situación de privilexio, polo que promover a competitividade sería fundamental para a saúde do sistema, así como garantir a privacidade persoal, termos favorables no servizo e transparencia no uso dos algoritmos.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: