Acceso Aberto, Comunicación científica, propiedade intelectual, Recursos electrónicos, Repositorios

Iniciativa Helsinki: unha aposta pola diversidade lingüística na investigación (con infografía)

Neste primeiro post do ano 2020 (no que veremos moitas cousas en comunicación científica e acceso aberto, xa que é unha data moi importante) non podíamos comezar cun tema que nos interesase máis e alegrándonos moito da existencia desta iniciativa.

A pasada semana tivemos noticia da publicación do Manifesto Helsinki, unha iniciativa da  Federación de Asociacións Científicas Finlandesas (TSV), ó Comité para a Información Pública (TJNK), a Asociación Finlandesa para a Comunicación Científica, as Universidades de Noruega (UHR) e a Acción COST “Rede Europea para a Avaliación da Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades” (ENRESSH).

A idea fundamental é que o multilingüismo mantén viva a investigación local relevante e que é preciso salvagardala, xa que é o xeito de chegar á sociedade, alén da contorna académica, Por medio desta iniciativa, intenta chamarse a atención a persoas con responsabilidades en avaliación, xestión de política científica, entidades de financiamento,e , por suposto, bibliotecas e persoal investigador. Co fin de espallar a iniciativa, na propia páxina do manifesto animan á participación, chamando as accións en redes sociais, enviando a Twitter ou Facebook una declaración ou vídeo, propio ou de colegas, apoiando o multilingüismo na comunicación científica.

E como pensamos que as cousas poden lembrarse mellor con imaxes, fixemos unha infografía recollendo os aspectos fundamentais da iniciativa.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: