Comunicación científica, Varios

Coronavirus e acceso aberto : algunhas reflexións

L.G.

Que o coñecemento ten que ser universal e sostible, é, sen dúbida un dos piares do acceso aberto. Tamén o feito de que existen outras formas de publicación, de difusión da información científica e médica. Non imos falar agora de cuestións que xa trataron outras mellor ca nós e nós mesmas de xeito máis somero, pero si subliñar de novo  que a rapidez no espallamento é crucial para a chegada a bo porto da información biomédica, e  crucial na loita contra unha epidemia.  Hoxe falamos sinxelamente disto, da necesidade da rapidez, non tanto dos aspectos miúdos, e non menores, de embargos, pagos de APCs ou predatory journals.

A pasada semana saiu en The Guardian un artigo sobre o coronavirus e a necesidade deste acceso de primeira man (e rápidamente!) das publicacións sobre pandemias. En Coronavirus and Ébola: could open access medical research find a cure?, a xornalista Rachel Palls fai unha encendida defensa do acceso aberto como vehículo fundamental para unha rápida transmisión do coñecemento, ademáis de poñer enriba da mesa cuestións sobre as que levamos debatendo moito tempo na comunicación científica: por que é tan lento o acceso á documentación biomédica tralos muros de pago, embargos e demáis?  Será o Plan S a realidade sostible que agardamos para un acceso aberto en condicións aos resultados da investigación? E, sobre todo, por que tódalas revolucións a prol da accesibilidade da investigación quedan diluidas sen subliñar, de xeito máis firme, o aspecto ético e solidario do asunto? Arrepía ler a carta que, enviada ao New York Times, asinaron unha chea de investigadores biomédicos de Liberia, decindo que, de ter acceso á documentación, o Ébola podería ter sido detido moito antes.

 

Imaxe da cabeceira da carta asinada por investigadores biomédicos de Liberia no The New York Times. Prema na imaxe para acceder ao artigo orixinal, accesible na rede.

Que existe unha realidade no acceso aos resultados da investigación queda perfectamente resumida neste tuit de Marc KOnecny:

 

 

Polo momento, e ante o estado de emerxencia e pánico creado polo coronavirus, dúas grandes corporacións editoriais poñen en aberto os seus recursos sobre o mesmo. Wiley anunciaba a pasada semana que abría os seus recursos:

Portal de Wiley onde concentra en aberto tódolos artigos que van saíndo sobre coronavirus nas revistas do seu grupo. Premede na imaxe para acceso.

E, pouco despois, Elsevier facía o mesmo:

Portal de Elsevier con información gratuíta sobre o corona virus. Premede na imaxe para acceso ao portal.

Algunhas voces critican con certa dureza o que lles parece un “lavado de cara” das grandes corporacións ou se preguntan por que o coronavirus e non outras enfermidades. Ao mellor, e gostaríanos crer esta idea, é que a industria editorial avanza cara unha maior apertura ou racionalización dos recursos, e que a materialización coincide coa chegada deste virus. O feito é tamén que, nos últimos anos, a visibilidade dos chamados “citizen expert” é moito maior. O eco que obteñen estas comunidades de cidadanos interesados por unha causa concreta á que a ciencia pretende dar resposta, seguidores dos avances que se fan nese sentido pola súa persoal implicación, vese reflectida no primeiro exemplo do artigo de The Guardian que vos amosamos:  Jonathan Simms, pai dun rapaz de Belfast afectado pola enfermidade de Creutzfeldt-Jakob, conseguiu que o fillo tivera acceso a un tratamento experimental que lle alongou a vida. Como tivo este home coñecemento desta posible cura para o fillo? : Investigando e lendo sobre a enfermidade partindo do que estaba na rede en OA. O caso de Simms, escollido a miúdo como exemplo  polos principais defensores do acceso aberto, pertence a ese paradigma do que falabamos que poden exercer presión para o avance da ciencia en aberto.

(Nota bene: coñecemos tamén este recurso colaborativo que non é tanto o obxectivo deste post, pero que nolo sinala Honorio Penadés e deixámolo aquí por se é de interese)

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: