Acceso Aberto, BUSC, Catálogo, Exposicións

Exercitando o músculo cultural : feminismo na rede e memorias soterradas

LOURDES PÉREZ GONZÁLEZ

 

Pola Resolución Reitoral de 16 de marzo de 2020, a nosa Universidade seguindo os Protocolos de actuación establece o peche das instalacións mentres dure a situación.

A BUSC ten a intención que xa logo que temos que permaneces nas nosas casas, exercitemos o noso músculo cultural aproveitando os recursos en aberto e mesturándoos coa nosa colección.

Para hoxe propoñemos unha novidade nos nosos andeis que de seguro vai xerar colas para cando a nosa apertura.

Trátase de Rebeldes de Amelía Valcárcel, publicada por La Moderna no 2019. En realidade é unha reedición da de Plaza y Janés do ano 2000 (na actualidade en aberto); contaba esta cun prólogo do psiquiatra Carlos Castilla del Pino, autor fundamental para Amelia quen lle recoñece a importancia en España dos 70 polo seu traballo:  Cuatro ensayos sobre la mujer . – Madrid : Alianza editorial, 1974

Coberta da nova edición de Rebeldes de Amelia Valcárcel, próximamente na BUSC.

Cóntanos Amelia que é unha obra escrita coa “alma colérica, esa que Platón situou máis ou menos a altura do corazón”. E se trata dun pequeno percorrido interno e colectivo da toma de conciencia dunha muller nacida na ditadura e que esperta no feminismo dos 70.

A obra ten tres partes : A primeira ,centrada nos seus recordos de nena – que como ven di, case sen tocalos para non rompelos- que abrangue o que a autora denomina: “O tempo da forma” que Amelia, tomando o concepto de forma de Michael Foucault, nos presenta o sistema educativo do réxime franquista e fascista onde o raro era saír ben da cabeza, xa que pasar polas súas institucións e instalación ad hoc era entrar a formar parte dun metarrelato no que a moral, a política e a propia identidade establecida e difundida era alieníxena ou,cando menos ,non casaba co real.

O tratamento do cotiá e as súas pequenas cousas asemellan na imaxe o que ben poderían ser Reminiscencias dunha viaxe a Lituania de Jonas Mekas, so que en vez de Lituania, mutatis mutandi, sitúanos na España rancia e soterrada do Franquismo, e no caso dalgúns parágrafos ben valerían para Felipe II.

Para a segunda parte se nos ten reservada a memoria dun tempo de cambio, período marcado por maio do 68, pero que para o caso de España, Amelia considera que mais ben se debería falar da onda expansiva dos 70. E finalmente a terceira parte de reflexións sobre a liberdade e a procura de modelos.  A filósofa fala con razón e causa da singularidade e especificidade do feminismo en España, consecuencia clara do proceso de “ablación da memoria histórica”, xa que o propio curso da nosa historia contemporánea, marcada pola peor das guerras civís; polo triunfo moral, político e militar do nacional católico fascista e o desastre intelectual do exilio; o feminismo ten que aprender na súa pel e experiencia, sen o que poderían ser referentes.

E aquí xurde o que se pode entender como o movemento na procura de modelos que desafían o orde patriarcal, modelos construídos en parte por unha negativa a ese metarrelato que se atopa como o po en todo e que é necesario sacudir e limpar cara a diferencia, igualdade, paridade e en derradeira instancia a liberdad.  Que bella cosa Amelia!!!

Por sorte na actualidade as institucións da memoria traballan a reo para reflexionar e dar visibilidade a distintos figuras no artístico, cultural e político que se deron e que sen dúbida son referentes en distintos ámbitos.

Propoñemos aquí algúns recursos altamente recomendables e que nos poden axudar a aprender e recuperar esa memoria destruída ou soterrada.

. Feminismes do CCCB: Centre de Cultura Contemporània de Barcelona

 

Cartel de Feminismes!, exposición realizada polo CCCB de Barcelona.

Os anos setenta marcaron un punto de inflexión no movemento feminista. Unha nova xeración irrompeu na vida pública para dar a volta ao mundo e sacudir a orde simbólica establecido a través de múltiples prácticas e representacións culturais. A arte que xurdiu entón foi rompedor, tanto polo uso das linguaxes e as formas como polo seu desafío das construcións de xénero, a reivindicación do dereito a decidir sobre o propio corpo e a denuncia das violencias machistas, ou o descobremento crucial de que o persoal tamén é político.

A explosión de liberdade e creatividade do feminismo dos setenta foi unha fonte de inspiración constante para os feminismos actuais, que estalaron nunha riqueza e pluralidade sen precedentes, pero tamén para moitos outros movementos de emancipación colectiva. No contexto actual de auxe do conservadorismo e de regresión dos dereitos, o proxecto ¡FEMINISMOS! quere reivindicar a achega capital das loitas pola igualdade e a diversidade dos feminismos que cambiaron definitivamente o xeito de entender o noso mundo.

Eugenio Granell, Amparo Segarra “Puerto Rico” (1924). Colección da Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela.

 

. A contratempo. Medio século de artistas valencianas (1929-1980)

A exposición do IVAM recrea o lento e espiñento camiño que as artistas valencianas tiveron que percorrer para conquistar a súa visibilidade e profesionalización desde o final da ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República “momento de verdadeira urxencia das mulleres na vida pública”, pasando polo franquismo “período no que este proceso sufriu un parón” ata a década dos anos oitenta “cando a súa integración e posicionamento experimentou unha forte consolidación”.

Dous artistas marcan o inicio e o fin deste traxecto. Por unha banda, Manuela Ballester que en 1929 publica unha portada en Branco e Negro que pode entenderse como un símbolo de rebeldía contra o academicismo reinante en Valencia; disputa que continuará de forma contundente durante a República nuns traballos escasamente vistos. Por outra, Carmen Calvo expón en 1980 no Guggenheim de Nova York na mostra New Images from Spain nun momento de transición que, institucional e politicamente, rompía co conservadorismo patriarcal.

Neste parénteses cronolóxico apréciase o compromiso político e social das artistas representadas na contratempo que, de xeito máis ou menos explícito, supuxo unha dobre militancia: a que incumbía á situación política que lles tocou vivir e a que correspondía ao feito de ser mulleres nunha sociedade que as discriminaba e trataba como cidadás de segunda clase. A mostra reúne obras de artistas como Amparo Segarra, Jacinta Gil, Juana Francés, Ana Peters, Monika Buch, Isabel Oliver, Ángela García Codoñer, Cristina Grau, Vitoria Civera, Soidade Sevilla ou Cecilia Bartolomé.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: