De autor, Exposicións, Varios

Exercitando o músculo cultural na rede (II) : Louise Bourgeois

 

(Ofertámovos hoxe unha segunda entrega da serie “xercitando o músculo cultural na rede” a cargo da nosa compañeira e directora da Biblioteca de Ciencias da Comunicación Lourdes Pérez González. Hoxe, sobre a extraordinaria Louise Bourgeois).

 

LOURDES PÉREZ GONZÁLEZ

 

Prema na imaxe para ver o rexistro no catálogo da BUSC

Hoxe dende a biblioteca universitaria nos gustaría compartir unha autora do máis especial , trátase de Louise Joshepine Bourgeois, sen dúbida una das figuras mais relevantes da arte contemporánea, e dela queremos recomendar un libro para estas datas : Destrucción del padre, reconstrucción del padre : escritos y entrevistas, 1923-1997 editado por Síntesis en España en 2002.

A obra é un retrato biográfico-artístico. O seu título está en relación a súa escultura e performance “The Destruction of the Father”, e ven a ser unha antoloxía de textos, a maioría deles inéditos, onde se recollen principalmente entrevistas e traballos íntimos que ela mesma chama “pen-thoughts” ou escritos da alma.

A través dos seus parágrafos atopamos lecturas, filósofos- Descartes, Voltaire :

Ao ser unha filla de Voltaire e ser educada a partir dos racionalistas ilustrados creo que si traballamos o suficiente, o mundo mellorará”

Sartre:

Como no escenario de A Porta pechada , de Jean-Paul Sartre, no que dicía:  “l’enfer c’est les autres” (o inferno son os outros). Eu, en cambio, digo o inferno é a ausencia doutros: iso é o inferno”,

Lacan…- , artistas contemporáneos – Eva Hesse, Alice Neel , Nancy Spero, Miró, Duchamp, Le Corbusier, Rothko e principalmente os pensamentos do que sen dúbida é unha muller clave para entender parte do proceso creativo experimental e radical de finais do século XX.

Os libros, sempre estiveron presentes na obra da artista Louise Bourgeois , de feito que o seu taller da Rúa 20 en Nova York– replica do taller de tapices da nai en Choisi-le-Roi– contaba con dúas imprentas manuais, de onde saíron arredor de mais de 650 follas impresas, moitas delas bosquexos do que mais tarde logo de pasar un certo tempo en repouso e silencio foi traspasando as súas esculturas.

Louise Bourgeois, fotografía de Helmut Lang.

Na actualidade, grazas a doazón da artista, fondo documental se atopa nos arquivos do  MoMA, Museum of Modern Art.

O mundo impreso é para Louise unha ferramenta clave para poder presentar ao mundo os seus pensamentos, facer íntimo común e compartir experiencia e dor:

“É indiferente para min que unha cousa sexa pública ou privada. Oxalá puidera facer a miña privacidade mais pública e así perdela”

Deste xeito concibe  o seu primeiro libro: “He disappeared into Complete Silence”, no ano 1947 xunto Atelier Hayter e Marius Bewlwy.

E o fai como unha obra mínima: nove gravados en branco e negro – os que lle dará cor nunha edición posterior – que veñen acompañadas por parábolas escritas por ela mesmo entorno a vida cotiá en Nova York, a falta de comunicación na vida moderna e a soidade a que se atopa Louise logo de chegar da vella Europa na grande metrópole americana. Nesta obra se sinte na pel o poso do surrealismo europeo e as influencias do que fora o seu amigo Joan Miró.  Dende este momento a creación de libros artísticos será imparable. Gostaríame compartir con vos a través de este enlace o precioso catálogo que elaborou a biblioteca do MoMA sobre a exposición dedicada a esta faceta:  The prints of Louise Bourgeois

Nos non temos esa obra nos nosos andeis -podería ser- pero si a que vos recomendo e que penso que é unha lectura fundamental para entender unha persoa que nos veu a mudar o mundo dende o sentimento.

Louise Bourgeois, como ela mesmo nos conta nun escrito inédito e recollido na obra, no marco dunha solicitude que fai para realizar os seus estudos de Belas Artes en Nova York, nace en París no ano 1911 nunha familia de longa tradición artística dedicada a restauración e creación de tapices.

A súa nai, que lle puxera de nome Louise en honor a anarquista Louise Michel (1830-1905), da que era seguidora, enferma sendo ela nena e o seu pai empeza a convivir coa súa amante Sadie  na casa familiar.

E vostede preguntarase: como pode ser que nunha familia de clase media esta amante fose considerada como unha peza máis do mobiliario? pois ben, a razón é que a miña nai tolerouno, e este é o misterio.”

Esta situación lle xerou o que ela chama a vulnerabilidade do espírito, que fai que a súa obra sexa nas súas palabras “a recreación dun pasado que non acepta”.

Louise Bourgeois é sen dúbida unha pioneira en tódalas facetas que traballou: pintura, escultura – totémica en madeira, mármore, latex, fundición…-, performance, etc., pero tamén o é mostrando os sentimentos da muller nun mundo que a ten pechada. A ela lle debemos reflexións entorno a muller e arquitectura, muller e espazo, muller e pasado… e a entronación da nai a través da súa icónica escultura maman, todo un proxecto de vida.

O proxecto Spider

Louise Bourgeois como “nai das arañas” Fotografía de Peter Bellamy (prema na imaxe para orixe da mesma)

Non vou dicir mais, simplemente animarvos a ler a obra na que descubriredes importantes camiños no proceso de creación dunha muller chea de sentimentos que sempre compartiu o seu saber con amigos e colegas e si teño que recomendar un texto do mesmo é Albúm. Tamén libro editado en 1994, en edición limitada de 850 copias; unha auténtica xoia de bibliófilo.

Outros recursos: 

. Programa Metrópolis de RTVE sobre a artista e a inaguración da exposición na Tate Modern, sobre a instalación “I Do, I Undo, I Redo

. Louise Bourgeois na retrospectiva do Museo Guggenheim

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: