Aplicacións móbiles, Redes sociais

A pandemia da desinformación e o papel chave da cidadanía: informe da Web Foundation

L.G.

A finais da pasada semana, Emily Sharpe, da Web Foundation, publicaba no blog da propia Foundation un artigo titulado We must all fight the global pandemic of misinformation, while protecting free expression. Como o título indica ,fala do papel que gobernos, xigantes tecnolóxicos e cidadanía teñen na detección e contención de novas falsas sobre Covid19 e do necesario equilibrio coa liberdade de expresión. Facemos un pequeno resumo do que nel expoñen, no que se lle outorga un papel fundamental á cidadanía. 

 

Black phone with blue background. Photo by Brian McGowan on Unsplash ( o noso agradecemento ao autor da foto por poñela a libre disposición de usuarios e usuarias da rede).

Segundo Emily Sharpe, da Web Foundation, non estamos loitando contra unha única pandemia, senón contra outra que estase a despregar nas redes: a desinformación.  Nos pasados días, algunhas axencias norteamericanas tiveron que advertir que non se podía beber lixivia para loitar contra COVID-19, e, mesmo o o ministro de Sanidade keniata tivo que desmentir públicamente o bulo de que a raza negra era naturalmente inmune contra o virus. A rumoroloxía afectou tamén ao Papa, ao que lle adxudicaron un contaxio inexistente. Todo isto nuns poucos días.

Como ben afirma Emily Sharpe, non se trata dun fenómeno circunscrito ao século XXI ou á contorna dixital. As novas falsas xa se espallaban a mediados do século XVII, cando, na loita contra a supremacía británica, os rebeldes divulgaban a nova de que o rei enfermara. O problema do contexto actual non é un problema da web en si mesma: é un problema de rapidez na difusión de falsedades que poden facer moito, moitísimo dano.

Por ese motivo, a Web Foundation publica agora un decálogo con recomendacións para gobernos, empresas e cidadadán, baseado no marco dos Dereitos Humanos fundamentais e tamén no xa coñecido por nós Contracto of the web. O seu obxectivo é establecer un equilibrio entre o dereito a información no campo da seguridade sanitaria co dereito á libre expresión e privacidade e continúa o xa avanzado no artigo The web can help more in the fight against COVID19.

Tres aspectos fundamentais:

a) Os gobernos teñen a responsabilidade de ofertar información veraz e axeitada, usando diversas canles segundo as audiencias e facendo que unha información veraz sobre a COVID-19 chegue ao maior número de persoas. Ao mesmo tempo, teñen que ter unha resposta rápida ante a emerxencia de bulos., tal e como se fixo no Reino Unido. Os líderes políticos non deben adoptar posturas que favorezan a desinformación ou información de calidade dubidosa. Lamentablemente xa temos exemplos nos Estados Unidos, Brasil ou Venezuela de desafortunadas declaracións, sen base científica ningunha, dos seus líderes políticos. A información, veraz e contrastada, ten que utlizar as canles axeitadas para non excluír a ninguén; bo exemplo é a OMS establecendo alianzas con Whatsapp e Tik Tok e, tamén, potenciando a difusión en diferentes formatos, achegándose as persoas con limitacións físicas ou sensoriais.Por outra banda, sublíñase a importancia de establecer un axeitado equilibrio entre a protección da libertade de expresión, o acceso a información e o absoluto respeto aos dereitos humanos. Lémbrase, por último, que a web ten que ser o vehículo libre no que os investigadores, xornalistas e activistas podan expresar tanto os seus coñecementos como os retos que supón a expansión da pandemia.

b) O papel dos xigantes tecnolóxicos- de Google a redes sociais-como Twitter ou Facebook- é chave na difusión de novas e informacións contrastadas sobre COVID-19. Un primeiro paso foi o establecemento de mensaxes de aviso nas páxinas principais das plataformas, e agora estase a traballar en ir máis lonxe deses pequenos toques de atención as persoas usuarias: os servizos de mensaxería tipo whatsapp ou Telegram traballan xa no desenvolvemento de pop-ups nos mensaxes de grupo, lembrando tamén a quen usan estes servizos a existencia de fontes oficiais que deben ser consultadas e contrastadas antes de compartir calquer información que teñamos entre mans. Aínda así, o reto máis importante para todas as plataformas, e omáis complexo de levar a cabo tamén, é a detección e eliminación de contidos falsos e acientíficos. O desenvolvento de novidosas estratexias de Intelixencia Aritificial pode axudar nun contexto, o do confinamento, no que os moderadores que desenvolven ese traballo nas tecnolóxicas están retidos nas súas casas. Ademade, as plataformas deben establecer límites nos reenvíos de mensaxes para evitar técnicas de spam e , deste xeito,as autoridades, os profesionais do fact-checking e os medios de información teñen máis tempo para detectalos. E, moita atención ao que se di aquí: a importancia de derrubar os muros de pago para que o acceso á información contrastada sexa universal. Unha mención especial, como non, aos editores de revistas científicas. 

c)A cidadanía ten que ser o sistema inmunolóxico da web

A cidadanía temos un papel que xogar nesta loita contra a desinformación e demostrar que somos algo máis que consumidores pasivos de contidos en liña. Trols e oportunistas sempre intentarán infectar a rede con rumores, mentiras e bulos. E estas mentiras compártense e fanse virais. Temos agora, neste momento, que actuar con responsabilidade, combatindo a falsedade con datos extraidos de fontes fiables. Quedando na casa axudamos a combatir o espallamento de Covid19, Pero agora, dende os nosos fogares, temos tamén que parar a curva da desinformación: se non estás seguro da información que estás a piques de compartir, non o fagas. Comproba datos e busca fontes. Se recibes contidos falsos, moitas veces en grupos de mensaxería familiar, failles chegar unha mensaxe privada e pídeles que non o fagan. E se observas contidos falsos en redes sociais de persoas que descoñeces, fai chegar esta información á plataforma e bloquea. Este é un dos momentos chave no que temos que camiñar xuntos contra o espallamento de falsedades na rede. Se queremos conservala tal e como ten que ser, un espazo fiable e de liberdade, cada un de nós ten que xogar o seu papel.

 

Aquí o informe con recomendacións:

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: