JAVIER VILLAR TEIJEIRO

Imaxe promocional da película “El niño que domó al viento”
Nestes tempos de multirrecomendacións de ocupamento do ocio e de que nada é seguro, posible ou previsible, non podemos pasar por alto unha película que é moi moi recomendable e que pon en valor unhas institucións que non sabemos onde situalas hoxe en día como son as bibliotecas.
Trátase da película británica El niño que domó el viento dirixida e protagonizada en 2019 por Chiwetel Eljofor e que nos ofrece unha visión exemplificadora do que pode ser unha biblioteca.
Prescindiendo da historia que se conta na película e que está baseada en feitos reais, permitáseme relatar e comentar a escena que ten como protagonista á biblioteca: un neno dun poblado africano, moi espabilado, intelixente e curioso, comeza o curso escolar nun colexio de pago e de uniforme, en medio dunha pandemia, esta de fame. Observa na bicicleta do seu mestre de ciencias unha dinamo antiga acoplada á roda que encendía a luz de dita bicicleta. Tenta adaptar este mecanismo de obtención de enerxía eléctrica para crear un muíño de vento e conseguir o ben máis prezado para o seu pobo: a auga. Sírvese do seu profesor de ciencias, dun almacén de chatarra e.. da biblioteca do centro escolar.
Pero seus pais non poden seguir pagando a cuota de pago da escola, e é expulsado da mesma. Pide polo menos poder seguir utilizando a biblioteca, e tamén lle impiden o acceso á mesma. Finalmente, ás agochadas, métese na biblioteca e a bibliotecaria deixalle utilizala sopesando,por unha banda a orden que ten da dirección do centro escolar ; e,por outra, a tolemia de negarlle o acceso a un neno a un recinto cheo de libros e completamente baleiro de persoas.

William Kamkwambe co libro no que se inspiró e coa bibliotecaria da biblioteca do seu centro escolar (outubro de 2009)
O dito: moi recomendable.
Por certo, dícese que o libro que usou o neno é Using energy de Mary Atwater. O temos na BUSC?. Non sei, pero gustaríame que fora este:
Información máis detallada e ilustrada, podédela atopar aquí
E a charla TED de William Kamkwamba, aquí debaixo.
Conversa
Aínda non hai comentarios.