BUSC, Catálogo, Varios

Exercitando o músculo cultural na rede (V): O final do normal: tempo e identidade queer

LOURDES PÉREZ GONZÁLEZ

 

Estes días nos atopamos todos de fronte cunha realidade salvaxe e brutal e o facemos dende unha oveira, iso si coas nosas cabezas que non paran de pensar.  Escoller unha lectura neste momento, para poder presentala e que tivera un certo impacto,  levounos a obra El arte queer del fracaso  de Jack Halberstam, traducido por Javier Sáez e editado no 2018 por Egales.

En si, o libro é unha escusa para pensar a nosa imaxe de biblioteca cun dominio claramente de pensamento binario, e poder facer unha reflexión colectiva en relación cos procesos da visibilidade trans*.

Se nos puideramos transformar no libro e entrar na colección da nosa biblioteca, fariámolo cun certo medo e pavor a enfrontarnos cun pensamento totalizador dominante. Con todo un pequeno remedio para esta situación o deixaremos para outra entrada. Se nos centramos na obra en cuestión, dicir que se trata dun escrito intelixente que nos fai repensar as categorías do éxito e o suposto fracaso no ámbito do poder e a normativización do mesmo.

O proxecto da obra pon de manifesto a cuestión do erro como algo colectivo dentro dos marcos dun éxito imposto; pero ese suposto errar, tal como nos vai demostrando o autor, en realidade é a procura de novos camiños que nos levan a replantexarnos o que impera nas retóricas tradicionais do hexemónico e, na actualidade,  a adaptación deste ao poder neoliberal e a súa lóxica de acumulación – entre outras moitas lóxicas-.

O texto xa dende a súa introdución propón cuestións e conceptos importantes para reflexionar que non aparecen todos os días á hora do almorzo pero si que as sentimos na pel como persoas no noso día día; conceptos como heteronormatividade, hexemonía, alta cultura e baixa cultura… etc. E todos eles dende unha perspectiva queer, sacándonos dos nosos propios monólogos e pasando a outros escenarios, algúns deles situados nas marxes.

Halberstam mediante un interesante e rico percorrido pola cultura pop – moita dela desbotada polo arte e cultura imperante nos medios de comunicación- nos mostra como algunhas destas propostas o que fan en realidade e debuxar outros modos de estar no mundo fronte as estruturas de coñecemento e saber positivistas presentes en todo e que agochan o dominante do patriarcado, o colonial e o heteronormativo.

A lectura é canto menos que esclarecedora para nos como simples mortais, posto que dun xeito xeneroso nos vai mostrar alternativas constantemente ao que nos sentimos como fallo, pero en realidade é o de sempre, a biopolítica do poder que se nos cala ata os osos. As ferramentas de Halberstam son un mix entre a idea de low theory de Stuart Hall e o concepto de hexemonía de Gramsci. A noción de low theory ven a ser o punto intermedio entre a alta e a baixa cultura e que en realidade é onde imos atopar todos os supostos fracasos dentro da catalogación que fai desta a cultura capitalista actual e incluso aquelas propostas negadas pola academia e parte dos activismos mais supostamente progresistas. O que atopamos en realidade é o de sempre: o saber popular que é o que ten en parte o poder de construír unha alternativa na vida, na cultura e na política e nos fagan construír formas de encararnos ao colapso e a violencia do momento.

 

Para falar do concepto de hexemonía, Halberstam  retoma a Gramsci, non podía ser doutro xeito, e a cuestión de hexemonía como unha sutil pátina do poder que se sitúa en tódalas esferas da cultura e a produción do coñecemento. Considera o autor desafiar os códigos do aprendizaxe e os propios códigos de coñecemento científico que supoñan reproducir o dominante. Vos recomendamos encarecidamente a obra e vos propoñemos algunhas novidades que estarán dispoñibles na biblioteca unha vez aberta.

Saúde a todo o planeta con especial agarimo nestes días.

Novidades que darán que pensar e falar:

Fotograma do Hamlet de Asta Nielsen.

. Hamlet (Película). Hamlet . Die Filmprimadonna / Asta Nielsen. — Wien : Österreichischen Filmmuseum ; [München] : Film & Kunst, 2017

Asta Nielsen, nacida en Dinamarca en 1881, foi a primeira diva do cine mudo europeo. Dende o inicio da súa carreira loitou por unha visión feminista e transgresora no cine, así aparece este primeiro Hamlet trans, impresionante cando menos. A obra sae no ano 1920, pouco despois de que Asta cree a súa propia produtora Art-Filme. Unha obra estremecedora e bela da que so sobreviviu unha copia ata que no 2005 se atopou unha versión alemá antiga e que é restaurada polo traballo do Filmmuseun de Múnic. Impresionante.

. Snorton, C. Riley. Negra por los cuatro costados : una historia racial de la identidad trans / C. Riley Snorton ; traducción de Javier Sáez del Álamo. — Barcelona : Edicions Bellaterra, [2019] é a tradución de : Black on both sides : a racial history of trans identity. Minneapolis : University of Minnesota Press, 2017

Negra por los cuatro costados é un ensaio poderoso e necesario. Fálanos C. Riley Snorton de historias e políticas situadas; das múltiples interseccións e solapamentos entre o negro e o trans. O ensaio propón un reto importante ao suscitarnos a preguntar polas formas a través das que comprendemos o xénero como unha categoría mutable, porosa, contextual e situada. Partindo dunha análise que sitúa o corpo negro no centro. Snorton invítanos a realizar un xiro necesario para considerar o xénero na súa intersección coa raza, en primeiro lugar, e con outras categorías que produciron historicamente aos suxeitos subalternizados do sistema moderno-colonial capitalista. A través de materiais moi diversos e desde disciplinas ben entrecosidas no ensaio como os estudos culturais, os estudos críticos de raza, os estudos trans ou os estudos sociais da ciencia, Snorton dános algunhas claves para pensar as identidades trans como froito da institución escravista. Desde as prácticas que se exerceron historicamente sobre os corpos negros, pasando por como estes corpos moldean o xénero para escapar da escravitude ou, finalmente, como a negritude é sistematicamente borrada do relato occidental que produciu as identidades trans.

. Santos, Regina Fiz. Regina y Celeste : una correspondencia / [Regina Fiz Santos, Celeste González]. Segovia : La uÑa RoTa, 2019. I. González, Celeste

Unha obra especial que nos presenta a conversa mantida entre 2013 e 2016 sen límites e que se mete nunha zona difícil como o cambio de sexo, o queer, a supervivencia, a pornografía, o arte, a adicción, a construción de xénero, a prostitución, o estradiol, a identidade, o epiceno e a cultura. Unha amizade na distancia a través dunha correspondencia sen filtros que nunca foi producida para o público pero que lle agradecemos profundamente. Axúntovos a lista de cancións que Bob Pop foi recompilando a partir das citas que foron saíndo nas conversas de Regina e Cleste. Grazas Bob Pop polo teu traballo!!!

 

. Trap door : trans cultural production and the politics of visibilty / edited by Reina Gossett, Eric A. Stanley, and Johanna Burton. — Cambridge, Massachusetts : The MIT Press, [2017]

A crecente representación da identidade trans en toda a arte e a cultura popular nos últimos anos foi nada menos que paradoxal. A visibilidade trans preséntase como un signo dunha sociedade liberal, pero coincidiu cun momento político marcado tanto polo aumento da violencia contra as súas persoas (especialmente as mulleres trans de cor) como pola supresión dos dereitos trans no dereito civil. “Trap Door” enfróntase a estas contradicións. Os ensaios, conversacións e dossiers aquí reunidos profundan en temas tan amplos pero interconectados como a beleza, a performatividad, o activismo e a brutalidade policial. En conxunto, dan testemuño de como ás persoas trans ofrécenselles con frecuencia “portas” -entradas á visibilidade e o recoñecemento- que en realidade son “trampas”, que acomodan aos corpos e comunidades trans só na medida en que cooperan coas normas dominantes. O volume especula sobre un terceiro termo, talvez único para o noso tempo: a trapela, que non é nin unha entrada nin unha saída, senón un pasadizo secreto que conduce a outro lugar.

OUTROS RECURSOS

. TSQ: Transgender Studies Quarterly (2014-) . – North Caroline, NC: Duke University Press, 2014-

 

Nas dúas últimas décadas, os estudos sobre transexénero convertéronse nun terreo importante para novos enfoques da análise cultural. TSQ: Transgender Studies Quarterly é un lugar de referencia para unha investigación innovadora que ven a cuestionar a obxectivación, patoloxización e exotización das vidas dos transexuais. Nela atoparedes traballos que dende a interdisciplinariedade exploran a diversidade do xénero, a sexualidade, a encarnación e identidade en formas que non foron abordadas adecuadamente polos estudos feministas e queer. A súa misión é fomentar unha vigorosa conversación entre académicos, artistas, activistas e outros que examinen como o “transxénero” entra en xogo como unha categoría, un proceso, un ensamblaxe social, unha identidade de xénero cada vez máis intelixible, unha ameaza identificable á normatividade do xénero e unha rúbrica para comprender a variabilidade e continxencia do xénero a través do tempo, o espazo e as culturas. Entre os principais temas abordados nas primeiras cuestións figuran a produción cultural das comunidades trans, a análise crítica dos estudos sobre a poboación transxénero, a biopolítica, as críticas radicais á economía política e os problemas de tradución dos conceptos e prácticas de xénero nas comunidades lingüísticas.

. Jack Halberstam . Cuerpos trans* no CCCB

No marco da exposición «1.000 m2 de desexo», este ciclo de conferencias – as recomendamos todas – pon o foco na saída á luz da sexualidade como vector de empoderamento, e dá claves para entender que o que podemos desexar e como podemos desexalo constitúe a día de hoxe un espazo imprescindible de reflexión e de crítica.

A sexualidade estalou como un espazo de reivindicación política. Hoxe enténdese que o desexo non se pode reducir a unha pulsión natural, senón que é unha construción social e cultural. Esta idea guía diversos camiños de subversión e de emancipación que avanzan da man do activismo, do pensamento e do arte. Pensar as políticas do desexo significa reflexionar acerca do que nos é permitido desexar e sobre a nosa capacidade para ofrecer resistencias e alternativas que nos axuden a constituírnos como suxeitos libres.

Como se constrúe o desexo na sociedade actual? Cal é o alcance das loitas que hai en marcha para romper a identificación entre heterosexualidade e normalidade? Poden pensarse o amor e o sexo como un dereito básico que a comunidade debe garantir? Como está evolucionando o desexo na rede, onde a miúdo as relacións danse de xeito descorporeizado?

 

Conversa

2 thoughts on “Exercitando o músculo cultural na rede (V): O final do normal: tempo e identidade queer

  1. Grazas, un interesantísimo artigo. Que maravilla Asta Nielsen!

    Gústame

    Posted by Ana Bande | 11 Maio 2020, 17:00

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: