FRANCISCO JAVIER VILLAR TEIJEIRO
Entre os numerosos documentos conservados no Arquivo Histórico Universitario da USC que reflicten as doazóns de libros de todo tipo de institucións e personalidades á nosa Biblioteca Universitaria, atópase éste datado en 1915 e asinado por Tomás Navarro Tomás:
Pero, quen foi Tomás Navarro Tomás?
Só con decir que foi Director da Biblioteca Nacional de España entre 1936 e 1939 e que viviu exiliado en Estados Unidos ata a súa morte en 1979, bastaría dabondo para dimensionar de quen estamos a falar.
Filólogo, bibliotecario e intelectual da II República; discípulo predilecto de Ramón Menéndez Pidal e autor dun Manual de pronunciación española en 1918 que ainda no curso 2019/2020 consta entre a bibliografía recomendada na asignatura de Fonética e Fonoloxía do Español no Grao en Lingua e Literatura Españolas da USC (obrigatoria, segundo curso).
Licenciado en Filosofía y Letras pola Universidade de Valencia en 1906 e Doctor en Letras pola Universidad de Madrid en 1909, gañou a oposición do Corpo Facultativo de Bibliotecas en 1909 e en 1935 ingresa na Real Academia Española de la Lengua.
En 1914 é nombrado Director do Laboratorio de Fonética do Centro de Estudios Históricos asociado á Junta para la Ampliación de Estudios e en 1915 por orden (“P.O.) e en nome do autor envía ao “Sr. Jefe de la Biblioteca Universitaria de Santiago” a obra Adivinanzas rioplatenses de Robert Lehman Nitsche publicada en 1911 en Buenos Aires e que se atopa coa signatura R-54 na Biblioteca Xeral da USC:
P.D. (1) Na parte superior do documento de doazón do libro (antes da data de 2-11-1915), aparece unha palabra que non son quen de descifrar…si, xa sei, como non me din de conta antes…
P.D. (2) A Biblioteca de Ciencias Sociales e Humanas do CSIC leva o nome de Tomás Navarro Tomás e curiosamente na súa páxina web o logo da biblioteca contén a súa sinatura, ainda que non parece a mesma que a do noso documento…:
Conversa
Aínda non hai comentarios.