Acceso Aberto, Comunicación científica, propiedade intelectual, Repositorios

COAlition : unha estratexia (innovadora) de retención de dereitos

Repasamos antes de comezar dous dos nosos greatests hits en forma de posts nos que están algunhas claves para comprender ben do que imos a falar: sobre o Plan S podedes ler  COAlition S(Science+Speed +Solution+Shock): un plan radical para o Acceso Aberto en Europa. e, por facer tamén algo de promoción, Agora que sabemos do Plan S…que é o Plan U? 

 

Logotipo da nova Rights Retention Strategy de Plan S. (Prema para achegar a nova completa).

Un dos principais obstáculos cos que se atopan os autores de artigos científicos é a xestión dos dereitos unha vez entregan o manuscrito para ser publicado. Na maioría de ocasións, a publicación, de querer ser engadida a un repositorio ou divulgada fóra da revista, ten que agardar un período de embargo que adoita ser extremadamente restritivo. O persoal investigador sinte que perde o control sobre o seu traballo seguindo unhas directrices rigorosas e esixentes, que coartan ademáis a accesibilidade xeral aos resultados da investigación científica.  O pasado día 15, COAlitions, a xestora do ambicioso Plan S europeo, publicou unha estratexia de retención de dereitos que, para os beneficiarios do plan, promete garantir tanto a liberdade de publicar na revista da súa elección como de cumprir cos requerimentos de publicar en OA.

Hai dous aspectos básicos neste obxectivo :

  • Esta estratexia deseñouse cun fin moi concreto: que tódalas publicacións académicas financiadas por CoAlitions estén dispoñibles como OA, polo que poderían ser publicadas inmediatamente cunha licenza CCBY. Is
    • A esixencia máis importante: a aplicación da devandita licenza a tódolos manuscritos aceptados (AAM, author accepted manuscripts) e mesmo tamén ás VoR (record version ou versión publicada. Este último aspecto é importante porque, como sabemos, a versión final ou publicada do manuscrito aceptado ten traballo de edición feito polo editor así como  formato final. Non esquezamos, e isto é importante, que este traballo editorial ten a responsabilidade de asegurar que tódalas correccións feitas (e tamén as retraccións ao artigo, ollo) aparezan convintemente reflectidas. Polo tanto, a suxestión que figura na presentación desta estratexia é asegurar que a versión editorial apareza tamén publicada en Acceso Aberto, mesmo responsabilizándose COAlitions das APCs pertinentes (custos de publicación)

Como van traballar coas editoriais para que esta estratexia sexa efectiva? A “folla de ruta” inclúe que  COAlitions contacte, neste momento, con preto de 150 editoriais de subscrición ou modelo mixto, alentándoas a que modifiquen os acordos de publicación vixentes para que autores e autoras podan poñer os seus AAM baixo licenza CCBY. No apartado de “preguntas frecuentes” incorporan tamén un exemplo moi interesante de como levalo a cabo, estudando a relación con WellcomeTRust e que desemboca neste tipo de licenza:

 

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: