Varios

Un libro de horas de 1520 do tamaño da TUI

FRANCISCO JAVIER VILLAR TEIJEIRO

1520 fronte á TUI versión 2020

Nun inusitadísimo formato 32º (9 cm.) temos na BUSC este libriño de horas impreso en Florencia polos herdeiros de Philippo Giunta en 1520 e escrito integramente en grego clásico. No noso exemplar faltan as dúas primeiras follas, onde se atopaban a portada en latín e un gravado xilográfico da anunciación da Virxe.  

Temos unicamente o colofón en latín, impreso en vermello, para identificar a obra. Debaixo temos unha anotación manuscrita riscada,  practicamente imposible de descifrar.  

Apreciamos o bo estado de conservación deste colofón en vermello

Como curiosidade e debido ao inusitado do formato, tamén temos outra práctica bibliotecaria inusitada: a colocación do código de barras (dentro dunha tira de papel neutro) non en horizontal, como é habitual, senón en vertical.  

Outro aspecto relevante deste exemplar é a súa encadernación en pel gofrada con dourados e con cantos tinguidos tamén de dourado 

Lombo do libro coa signatura visible
Cuberta anterior, onde apreciamos detalles da encadernación

Na derradeira folla do libro atopamos un gravado xilográfico,con dous anxos subidos nunha peaña e que sosteñen a flor de lis dos Giunta rodeada de follas de acanto.

Esta preciosidade de xilografía corresponde ao colofón, cos símbolos dos impresores Giunta

Tódalas iniciais do texto están ornadas e de cor vermella como tamén os titulillos e determinadas palabras ou letras.

Un prodixio bibliográfico e tipográfico do século XVI nos andéis da BUSC e un exemplar rarísimo: non temos atopado outro en España e a nivel internacional tan só dous. Un na Biblioteca da Universidade de Manchester e outro (non podía ser doutro xeito) na Biblioteca Nacional Central de Florencia

O noso exemplar: Horae in laudem beatissima virginis secundum consuetudinem Romanae curiae

Florentiae: per haeredes Philippi Iuntae, 1520

[160] follas; 32º (9 cm.)

BUSC, Biblioteca Xeral, signatura 22932

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: