Varios

Fake vs Predator ou como “trolear” a unha revista de reputación dubidosa

LORENA GÓMEZ

Grazas a JM. Moran (@jmmorang) que descubriu esta historia na súa conta de Twitter e a Llarina González (@LlarinaGlez)que comentou a xogada.

Imaxe da serie Breaking Bad, con Walter White (Bryan Cranston) e Jesse Pinkman (Aaron Paul) tomada de Imbd

Ben sabido é por todas nós o dito de “probar a túa propia menciña”. Cando pequenas, era algo que nos decían cando unha falcatruada ou mala acción se volvía en contra nosa, amosándonos na propia pel o mal desa acción, as resultas dunha conducta. Algo semellante pasoulle á revista The US-China Education Review. Tal publicación, considerada depredadora, sostiña os modos e maneiras deste tipo de publicacións: envíos de correos electrónicos convidando a publicar baseándose “nos méritos contrastados do candidato/a” e ofertándose como lugares de moita visibilidade e difusión. Un correo deste tipo recibiu Bradely Allf. O correo aparecía con erros salientables de sintaxe, parágrafos con repeticións e faltas de concordancia, o que indica unha escrita non soamente descoidada, senón xerada de xeito automático. Allf pensou en como podía deixar en evidencia a unha revista de ética e calidade dubidosa. E decidiu poñelos en evidencia pero divertirse tamén. Escribiulles decindo que tiña interese en publicar na revista enviando un artigo, pero o artigo non era calquera cousa: o artigo estaba coasinado por Walter E. White e Jesse Pinkman (!) e tiña como tema principal a fabricación de metanfetamina como práctica da asignatura de química nun laboratorio dun centro de secundaria. Soa de algo? Pois sí: é o argumento dunha serie de televisión como tema dun paper científico. E colou. O soprendente non é que non coñeceran Breaking Bad, os seus protagonistas e a trama, senón que semellante disparate fora tomado por investigación seria e rigorosa e que ninguén, nese “comité de expertos avaliador”, botase ao lixo a proposta ou chamara a policía para avisar dun feito delictivo (que fan adolescentes fabricando metanfetamina na escola? ). En I published a fake paper on a peer reviewed journal conta a súa experiencia dun xeito moi divertido- engadindo barbaridades como identificacións xeográficas erróneas ou inventando a bibliografía- porque o que está claro é que sempre mellor tomalo todo con humor. Aínda que sexa un tema moi serio.

Como sabemos, as revistas depredadoras e estas prácticas non son unha novidade. Xa vos temos falado delas en varias ocasions (Depredadores e impostores, listaxes negras e OA: non é todo tan sinxelo) mesmo tamén do cuestionamento da defunta listaxe de Beall, así como da emerxencia doutras experiencias que pretenden recompilar ou orientar neste complexo mundo do fraude na comunicación científica, de Cabell’s a Think, check, submit. Un dos mellores resumos sobre o que son e como identificar as revistas depredadoras, é o que publicou Lluis Codina no seu blog neste verán do estrano 2020 : Nunca publiques aquí: qué son y qué no son las revistas depredadoras. Recomendamos especialmente o parágrafo adicado as consecuencias de publicar en “pseudo-journals” e a diferencia entre revistas depredadoras e acceso aberto, algo que moitas veces non queda especialmente subliñado. Na publicación en revistas depredadoras non xogamos soamente co descalabro económico. O famoso “publish or perish” é utilizado por estas revistas fraudulentas para atraer investigadores que precisan encher o seu currículum, polo que é imprescindible identificalas e tamén denuncialas para excluilas do sistema, confinándoas ao reducto da chamada “Bad Science”.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: