De autor, Persoal de bibliotecas, Varios

Unha bibliotecaria en Hollywood: o arquivo de Lillian Michelson

LORENA GÓMEZ

Moito falamos de profesionais de bibliotecas nos distintos ámbitos do coñecemento, dos estereotipos que arrastran, da dificultade de reinvindicar a profesión nuns tempos hiperconectados onde podemos atopar información- o que non quere decir que sexa de calidade- a golpe de click. A documentación cinematográfica é un aspecto moi relevante na realización dos filmes e, por suposto, na correcta dirección artística dos mesmos. Coñecemos moitas webs que poñen de manifesto erros garrafais na ambientación, vestiario ou mesmo fala dos persoaxes. Houbo un tempo, non moi lonxe, no que en Hollywood unha muller rexentaba unha biblioteca especializada moi particular: os usuarios foron, nin máis nin menos, Kubrick, Coppola ou Hitchcock. Como sucedeu isto, como chegou esta muller a recompilar máis de 5,000 libros algúns deles das primeiras épocas de Hollywood, moreas e moreas de revistas de cine, máis de 30000 fotografías de rodaxes e preto de 3000 carpetas con recortes, é unha historia ben interesante (e con final feliz).

A bibliotecaria de Hollywood, Lillian Michelson, traballando na súa biblioteca (foto do documental Harold and Lillian(

Obviamente, unha biblioteca así non se recompila nunha semana nin un ano. E aí ten tamén moita importancia o seu home, Harold Michelson, un dos máis importantes e célebres dibuxantes de storyboards, da sucesión de viñetas que fan toda a recreación dunha película, dende o primeiro ao último fotograma. Ademáis de parella na vida foron tamén un tandem creativo importante e auténticas celebridades na época. Hai un documental, que se presentou en Cannes no ano 2015, que conta a fascinante vida destas dúas personas tan importantes no desenvolvemento das películas de toda unha era do cine. Curiosamente, nunha estiveron incluídos nos títulos de crédito, porque o deseño de produción (a documentación, a creación, como dixemos, de storyboard) non tiña a categoría de creación.

Resumo do documental Harold and Lillian: a Hollywood love story

Contar con esta parella de creativos era unha garantía de éxito na produción. Os paxaros, O graduado, Scarface, Quen teme a Virxinia Woolf?, A chaqueta metálica son uns poucos dos títulos nos que participaron aportando o seu coñecemento e creatividade. Non está mal, verdade? Pero hai moitos, moitísimos máis, arredor dunha carreira no cinema de preto de sesenta anos.

A biblioteca de Lillian, a medida que foron pasando os anos foi medrando e mudou de destino físico en diferentes ocasións. Buscando unha localización definitiva, unironse moitas personas interesadas no cine e na documentación, que fixeron unha tarefa importante para preservar este legado. Finalmente, Lillian, que ten agora 92 anos e vive nunha residencia de maiores, decidiu que a dixitalización era o xeito de que calquera persona interesada poidese ter acceso a todo este marabilloso, variado e interesante material. E, ao noso xuízo, non houbo mellor destino: Internet Archive estase ocupando desta tarefa e xa podemos ver algúns resultados na rede.

Pantalla de inicio da Micheslon Cinema Research Library. Premede na imaxe para acceder.

O responsable de Internet Archive, Brewster Kahle, comentou que foi moito máis que unha agradable sorpresa ir abrindo caixa a caixa o arquivo e biblioteca de Michelson. Considera, ademáis, que volcar toda esa biblioteca na rede vai ser un reto moi importante, pero, e isto é moi interesante, esta experiencia abre a porta ao depósito doutros legados. Por suposto que conservarán a biblioteca “física”, depositada nun dos almacéns, perfectamente equipados, dos que Internet Archive dispón en Richmond.

Unha doazón de tanta importancia e sendo algo tan cinematográfico, por suposto que tivo a súa festa de inauguración. O evento en liña contou cunha imaxe animada de Lillian cortando a cinta que “inauguraba” o seu espazo na web.

Nada máis que animar ás historiadoras do cine (que temos algunha que outra entre as nosas lectoras), as curiosas, interesadas, etc. boten unha ollada a este legado magnífico, posto á disposición da comunidade na rede. E unha última anécdota: se lembrades Shrek 2, hai unha homenaxe nos nomes do rei e da raíña. Chámanse, respectivamente, Harold e Lillian.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: