BUSC, Catálogo, Fondo antigo, Pasaron por aquí..., Repositorios

De arcebispos, bibliotecas, herdanzas, libros, testamentos …

FRANCISCO JAVIER VILLAR TEIJEIRO

Coñecemos ben na BUSC o feito de arcebispos que atesouran ao longo da súa vida un grande patrimonio bibliográfico e que ao morrer legan, donan ou venden esas bibliotecas tan valiosas. A nosa impresionante e valiosísima Biblioteca Lago na Sala de Investigadores da Biblioteca Xeral como resulta da “doazón” en 1929 do que fora Arcebispo de Santiago de Compostela,Manuel Lago González, é un bo exemplo, pero hai outros.

Charles Le Goux de la Berchére (1647-1719) foi arcebispo de Narbona e reuniu, froito da súa bibliofilia e do seu amor polas belas edicións, unha importante colección bibliográfica. Coidou os seus libros de xeito exemplar, como demostra o feito de que todos eles estaban coidadosamente encadernados e presentaban un supralibros co seu escudo. Despois da súa morte, deixou un testamento no que indicaba que a súa biblioteca a debían herdar os xesuitas de Tolouse. Pero este desexo non se viu cumprido e a colección pasou a mans de René François de Beauvau (1664-1739), o seu sucesor no cargo, quen engadiu un ex libris manuscrito na portada de cada un dos libros da colección: “Monseignieur de Beauveau archeveque de Narbonne”. Despois da morte deste segundo arcebispo, a biblioteca foi posta á venta, en pública subasta, en 1741. A maioría das obras quedaron en Tolouse (Biblioteca del Clero, Municipal e da Universidade) e só uns poucos sairon de Francia.

Pregunta: podería ser que na BUSC tiveramos algún destes exemplares?

Resposta: si.

A obra da BUSC Collectio maxima conciliorum omnium hispaniae, impresa en catro volumes en Roma por Giovanni Giacomo Komarek en 1693-1694, contén nas súas portadas a seguinte anotación manuscrita:

Exlibris de Beauveau na portada do D33

E como pode observarse na seguinte imaxe, na coidada encadernación do libro en marroquin cor avellana con ferros dourados, amósase na cuberta o supralibros co escudo arcebispal,coa cabeza de negro rodeada por tres estrelas de seis puntas cada unha.

E, como dicíamos, en 1741, tan só dous anos despois do pasamento do arcebispo Beauvau celebrouse a subasta desta impresionante colección bibliográfica, publicándose ademáis en Tolouse en dous volumes o catálogo da referida Biblioteca, catálogo que é obxecto de estudo por Yolanda Clemente San Román, especialista neste tema, e de onde obtivemos moitos destes datos. Neste catálogo, amósase na páxina 33 na sección de Colecciones de Concilios nacionales formato Folio a referencia da nosa obra da BUSC:

Páxina 33 do catálogo coa referencia D-33

Quen mercou na subasta de 1641 esta obra en 4 volumes? E como chegou á BUSC? Compra directa na subasta e posterior doazón, intercambio bibliográfico entre universidades… ?

Ligazóns de interese

Enlace obra no catálogo da BUSC (signatura D-33/1-4)

Enlace artículo sobre la Biblioteca de Beauveau de Yolanda Clemente

Enlace catálogo de la Biblioteca de Beauveau impreso en 1741

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: