Comunicación científica, Galicia

Acordos transformativos entre CISUG, Oxford University Press e Cambridge University Press

Logotipo do CISUG, órgano de cooperación entre o SUG e a Xunta de Galicia para acadar unha mellor calidade e eficiencia

(Reproducimos no blog a nota de prensa na que se da conta dos acordos transformativos CISUG, Cambridge University Press e, Oxford University Press).

O Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), constituído polas tres universidades e a Xunta de Galicia, ven de asinar os seus primeiros acordos transformativos coas editoriais Cambridge University Press e Oxford University Press

Este novo tipo de acordos transformativos con editoriais científicas van dirixidos a “transformar” o modelo de pago de licencias por “ler” ao pago por “ler e publicar en acceso aberto”. O obxectivo final de publicar os resultados da investigación científica nas universidades en modo de acceso libre é contribuír ao crecemento económico, á competitividade, á innovación, á creación de traballo e ó progreso da sociedade en xeral mediante un novo modelo de facer e difundir a ciencia (Open Science). 

Os dous acordos permiten dispoñer de acceso de lectura a tódalas revistas de ámbalas dúas editoriais, ampliando no seu caso a lista de títulos dispoñibles anteriormente,  ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional cando o autor de correspondencia sexa dunha das tres universidades galegas. 

En canto á publicación, non será necesario que os investigadores paguen o importe dos  APC (Article Procesing Charge) para publicar os seus artigos en acceso aberto nas revistas científicas que aceptan este tipo de publicación, tanto nas revistas de acceso aberto completo (Fully Open Access) coma nas revistas que o ofrecen coma opción (Híbridas). Porén, no caso de Oxford establece unha limitación no número de artigos incluídos no acordo. Este acordo estará en vigor para artigos publicados a partir do 1 de xaneiro de 2021 hasta o 31 de decembro de 2021. 

No seguinte enderezo da Biblioteca Universitaria pódese acceder a mais información sobre este e outros acordos para publicar en aberto. 

O Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) está constituído pola  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, e a Universidade de Vigo, co obxectivo de impulsar a cooperación das tres institucións universitarias.

[Por se queredes saber máis : a experiencia do CSIC ou o que explican sobre os acordos na páxina da biblioteca da UDC]

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: