BUSC, Fondo antigo, Galicia, Patrimonio

Cousas que vos amosamos no Día do Libro (acompañamento a un vídeo que anda por aí)

Carritos da Carritos da Brooklyn Public Libraries Central .– No Flickr de Musgo Dumio_ Momio. Imaxe con licenza CC BY-NC-SA 2.0

LORENA GÓMEZ

Decotío, sempre hai alguén que nas nosas redes sociais nos pregunta cando poderán vir ver, en vivo e en directo como se di, algún dos tesouros que esta biblioteca ten nos seus fondos.

No vídeo que fixemos para o Día do Libro, aínda que nunha biblioteca todos os días son o día do libro, escollimos algunhas cousiñas e aquí aproveitamos para darvos breves referencias e explicacións.

O libro grande é o vol. 1 de Monumentos arquitectónicos de España Ten un alto de arredor de 80 cms. Publicouse en 1859 e ten doce tomos máis.

O máis pequeno, un medallón, é Misas de san Francisco y santa Ana , facsímil n. 1633 dunha edición numerad,, co seu estoxo en caixa de prata. Se vos fixades nas dimensións, cabe na palma da man

O volume que nos lembra a un acordeón é o facsímil do Codex Tro-Cotesianus Códice maya denominado Cortesiano ( fotocromolito realizado no 1892 a partir do orixinal., conservado no Museo Arqueológico Nacional.

O que ten un bonete (que non é tal, aínda que o pareza) trátase do Modi orandi sancti Dominici facsímil do orixinal de 1330. A peculiaridade da encadernación é que é o que se coñece como “Libro de cinto” ou “Libro faixa”, invento do medievo para poder transportar libros., cun extremo solto para poder atarse ao cinto, de aí o nome.

O incunable que vos amosamos, a Gramática latina de Juan de Pastrana do ano 1485. O exemplar da BUSC é único no mundo.

O manuscrito é a edición facsímil do Con el alba: el cuaderno de Francia de Valle-Inclán, de quen si temos gardados na BUSC todos os manuscritos e biblioteca persoal.

Agardamos que vos gustase esta pequena achega para o día de hoxe e agradecemos a colaboración de Javi Villar e Almudena Quintáns na selección bibliográfica.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: