BUSC, Catálogo, Fondo antigo

DA BIBLIOTECA DE DOMINGO DE ANDRADE NA BUSC

Javier Villar Teijeiro

Neste ano 2021, polas causas coñecidas por todos, a Real Academia Galega de Belas Artes, determinou prorrogar a celebración dedicada a Domingo de Andrade do Día das Artes Galegas de 2020.

Recoñecido por traballos como a Torre do Reloxo da catedral ou a escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval, imos deternos hoxe noutro aspecto que tamén é significativo á hora de analizar a súa personalidade e influencia: a súa biblioteca.

Seguindo a obra que pode considerarse de referencia neste tema, a tese de Miguel Taín Guzmán, profesor de Historia da Arte da USC, Domingo de Andrade (1997), sinala que o arquitecto doou a súa biblioteca ao Colexio dos Xesuitas de Santiago unhas semanas antes do seu pasamento, E alí estiveron un tempo ata que pasaron á Universidade de Santiago De Compostela despois da expulsión da orde de España e a confiscación dos seus bens en 1767. Como ben se pode comprobar na citada tese- e no índice do catalogo da BUSC dedicado a rexistrar a procedencia das coleccións que ingresan na nosa biblioteca-existen varias obras indizadas como procedentes de Domingo de Andrade e que tamén conservan “pegadas” de distinto tipo que así o corroboran.

Vexamos uns exemplos:

Exemplar da Geographia de Tolomeo de 1541, como podemos observar na súa portada:

E no detalle coas anotacións manuscritas:

Ex libris manuscrito “del maestro domingo de Andrade”

· Costoulle 28 reais en 1678.

· O traductor da obra de Tolomeo Willibal Pirckheimer era un autor non permitido pola censura (“authoris damnati”), ainda que a obra estaba permitida (“opus permissum”) (¿?).

· O mesmo Francisco de Eguiluz asina o expurgatorio de 1707 “por comisión del Santo Oficio”.

Outro exemplar procedente da biblioteca de Domingo de Andrade é un volume facticio, coa signatura 1858 que contén tres obras sobre xeometria e aritmética. Outra vez nos preliminares da obra atopamos a pegada manuscrita desta orixe : primeiro, na impresionante portada arquitectónica dos Euclides elementorum,

e,máis en detalle. nunhas notas manuscritas difíciles de ler, pero que non deixan lugar a dúbidas :

A maiores do xa visto ex libris de Domingo de Andrade, temos varios mais (Saavedra, Gabriel Martínez, De los Rios)

· Desta volta, o libro costoulle un pouquiño máis : 30 reais

· Mesma sinatura de Francisco de Eguiluz e mesma Comisión do Santo Oficio.

· Parece dar a entender que o “maestro Domingo de Andrade “dixo 15 misas” polo que lle pasou a obra. Non esquezamos que Domingo de Andrade, despois de enviuvar en 1700, ordenouse sacerdote.

En definitiva, a BUSC posúe varias obras que pasaron polas mans do arquitecto galego a quen está dedicado este ano das artes galegas e que poñen en valor o patrimonio bibliográfico da nosa universidade.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: