Varios

To pay or not to pay: revisión por pares, un debate aberto

Nun recente artigo de The Scholarly Kitchen facíanse eco dun estudo sobre as condicións dos revisores que realizan revisión por pares na actualidade sendo totalmente taxativos: a revisión por pares é un traballo que ten que ser remunerado. Nun principio, tendo en conta soamente isto, non parece unha reivindicación nin moi esaxerada nin inxusta: as revisións levan tempo, moito tempo, que pode ser empregado noutros ámbitos da carreira académica. Ser revisor implica pasar moitas horas avaliando manuscritos e poñendo na balanza a calidade, os resultados, a novidade da investigación e, especialmente, se pasan a purga da revista en cuestión. A lentitude é un dos seus defectos, imputable tamén a ese carácter gratuíto.

Viñeta de Nin Spencer que apareceu na revista Nature.

O debate artéllase arredor de tres aspectos :

a) Do mesmo xeito que hai artigos máis ou menos complexos, tamén as recensións que se fan deles: hainas ben diferentes en cuestións como lonxitud ou complexidade. Por outra banda, cal é o custo de revisar artigos que teñen dificultades engadidas como que existan poucos expertos no mundo que podan avalialos? E de chegar a un consenso para establecer unha tarifa…quen paga?

b) A pregunta final do parágrafo anterior ten que ver co desenvolvemento deste: o pago, subiría os custos de publicación? Nun contexto de APCs, os autores de artigos aceptados cobren os custos de revisar tamén os rexeitados. Habería que ter en conta como afectaría á publicación en OA, e mesmo nun contexto case xeralizado de acordos transformativos.

c) A cuestión ética: se o pagamento se traduce nunha implicación maior do revisor, pode selo tamén a favor ou en contra, perdendo o principio de independencia necesaria.

Xa no non tan recente 2018, Francis Montesinos lanzaba unha pregunta á comunidade académica: pagarías por unha revisión por pares? O post do seu blog é moi interesante non soamente pola recompilación que fai do estado na cuestión nese momento (co servizo de revisión rápida dos manuscritos de Taylor and Francis, por exemplo). Ademáis de lanzar a pregunta sobre a dicotomía pago/gratuidade, formula outra: faría un revisor ou revisora mellor o seu traballo se este é remunerado? É moi recomendable neste post o fío que se produce nos comentarios, porque artellan ben o contexto e dan puntos de vista moi diferentes. Mentres hai quen o considera parte da investigación científica e, polo tanto, un compromiso ético engadido, hai quen ve a revisión como un traballo extra, quesupón unha carga máis pesada as xa numerosas tarefas da investigación e as súas burocracias.

Infografía realizada por PLOS na que se detallan os tipos de revisión por pares (créditos na propia imaxe)

No contexto da ciencia abierta, un de cuxos piares e a revisión por pares aberta ou open peer review, este debate non tería moito sentido. Enténdese, no devandito contexto, unha tarefa colaborativa, que si pode ser engadida no curriculum de quen fai a revisión. Non temos máis que ollar ás condicións que establece Science Open para revisión de artigos. , ou darlle unha volta a este artigo de Jon Tennant, un dos fundadores do Open Science Mooc, sobre o proceso en aberto e os seus problemas. Na súa opinión, o futuro do Open Peer Review está aínda por definir, xa que a propia revisión por pares ven de un sistema moi hermético e pouco transparente. Entendelo, polo tanto, como parte dun obxectivo para facer “boa ciencia” implicaría, entendemos, manter o sistema como gratuíto. Pero aínda queda un anaco para chegar a tal cometido.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: