BUSC, Catálogo, De autor, Galicia, Redes sociais, Varios

No bolso, na maleta, na mochila : lecturas de verán dende o catálogo da BUSC

Lector concentrandísimo no Mar Morto, verán de 1901.
Premede na imaxe para fonte.

LORENA GÓMEZ

Lemos un artigo no que se fala da extraordinaria calidade e da emerxencia da tradución en galego de clásicos da literatura universal. Coñecemos moitas das traducións mencionadas e aos tradutores e tradutoras tamén (aos que cómpre visiblilizar,: Marta Gómez Pato, Xesús Fraga, Laureano Araújo ,María Alonso Seisdedos, o tándem formado por Isabel Soto e Xabier Senín, etc. A todas e todos, moitas grazas por poñer na nosa língua obras extraordinarias. Deles e do traballo que teñen feito da conta o catálogo da biblioteca e se queredes saber o que vai chegando non dubidedes en consultar as novidades. Non sabemos se imos facer moitas maletas este verán, pero aínda que sexa para levar no peto, na bolsa da praia ou nunha mochiliña a carón do certificado de vacinación ou proba de antíxenos, levaremos algún que outro libriño. Non adoitamos facer listaxes nin dos máis lidos nin tampouco dos máis prestados. Tomade estas liñas coma unha modesta achega tanto a novidades como a libros que temos nos fondos da BUSC e que poden darvos ideas para aproveitar estes días. Lembrade tamén que no noso Instagram imos contando o que vai chegando e que pode ser do voso interese. Hoxe imos mergullarnos dun xeito distinto. Imos aló!

Praias, o que son praias, temos dabondo no catálogo: de afogados, de lagartos, de tartarugas... tamén hai montañas, océanos mesmo silenciosos. E que imos decir do verán: temos no catálogo un Verán sen homes, Un cruceiro de verán, outro máis tráxico que lembra os seus mortos , pero tamén o seu sol.

Se o que queremos é cambiar de escenario podemos facelo a Unha pensión alemá de Katherine Mansfield ou percorrer o Ruar londinense con Virxinia Woolf, ou mesmo dirixirnos ao centro de Europa nunha A viaxe a Budapest. Se nos animamos, percorreremos tamén o Dublín do Ulises de Joyce. Queredes aventuras viaxeiras dun xeito beat? Temos a versión galega de Na estrada, de Jack Kerouac. Se, polo contrario queremos coñecer as impresións doutros sobre a nosa terra, que mellor que facelo da man de quen a percorreu vendendo Biblias, George Borrow, no seu Viaxe por Galicia. E se queremos unha viaxe de ida e volta, podemos facelo con O hobbit ou unha viaxe de ida e volta. O soño é, dalgún xeito, unha forma de viaxe, e artellar os espazos que van entre o soño e o momento de despertar, mesmo cando apareces coma un escaravello, dase en A transformación, e, falando de soños, Soñan os androides con ovellas eléctricas ao mellor non é para botar unha sesta, pero é unha boa proposta de mundo distópico e irreal.

Se quedamos por Compostela… que tal unha boa novela de misterio para levar nese bolso? A vida secreta de Úrsula Bas de Arantza Portabales, recolle o testemuño que xa comezara coa parella de policías que investigaban un estrano asasinato en Beleza Vermella. Nesta segunda entrega das aventuras de Abad e Barroso, paisaxes ben coñecidos de Compostela, como a cafetería Marte (e a súa tortilla!), a comisaría de policía, a biblioteca Ánxel Casal, e tamén persoaxes reais que aparecen facendo “cameos”. E se falamos de misterios e da nosa cidade, tanto Crime en Compostela como Trece badaladas xa son unhas veteranas no noso catálogo, aínda que non tanto como o Pascual López de Emilia Pardo Bazán. Pero se queremos xuntar a cidade do século XVI, os libros que circulaban daquela e un códice que desaparece,falaríamos de Festina lente.

Agardamos que este pequeno divertimento valga como peche deste ano estrano para todas e vémonos a volta. Feliz verán e felices lecturas!

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: