Marta

Marta has written 9 posts for Fonseca

Catálogo da BUSC: cubertas e contidos das monografías

Unha das novidades principais, e máis vistosas, da nova versión do catálogo é a posibilidade de ter unha vista preliminar da obra buscada; tanto da súa cuberta como do seu contido. Isto faise coa tecnoloxía de Google, e as cubertas dos libros tómanse de Google Books. Temos que facer a salvidade de que aquelas monografías … Seguir lendo

Valorar:

O catálogo da BUSC

Nove anos despois da primeira versión (22 de abril de 2004) do catálogo en web da Biblioteca Universitaria, hoxe presentamos unha nova con bastantes melloras respecto daquela. As principais novidades consisten en: Ofértase en inglés, galego e castelán Poden verse as portadas dos libros (a través do ISBN e sempre que aparezan en Google Books) … Seguir lendo

Valorar:

10ª Olimpíada Solidaria de Estudo

A videira semana comezará a  X Olimpíada Solidaria de Estudo e dende a Biblioteca da USC queremos animarvos a participar. Como proxecto solidario e de sensibilización social diríxese á comunidade estudantil internacional. Este ano vaise celebrar entre os días 5 de novembro e 5 de decembro, participando xoves de todo o mundo. Baixo o lema: Ponte un 10, a Olimpíada … Seguir lendo

Valorar:

A Biblioteca do Colexio de Fonseca : un pouco de historia

Crebas e naufraxios: a Biblioteca do Colexio de Fonseca nos séculos XVIII e XIX, de Concepción Varela Orol e publicado pola Universidade da Coruña (2012), analiza a historia da biblioteca do Colexio maior da Universidade de Santiago dende os inicios do século XVIII, cando era a biblioteca da Universidade, ata a desaparición do Colexio de Fonseca en 1840, cando a biblioteca convivía coa … Seguir lendo

Valorar:

Mapas das bibliotecas da USC

A Biblioteca Universitaria ven de sinalizar, coa tecnoloxía de Google Maps, todos os seus puntos de servizo en dous mapas correspondentes a Santiago e Lugo. Xa poden verse no web da BUSC, dende a páxina de inicio, ou nos seguintes enderezos: http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/busc/centros/mapas.html Campus de Santiago de Google Maps: http://goo.gl/maps/kB5sq Campus de Lugo en Google Maps: http://goo.gl/maps/L8ApA Campus … Seguir lendo

Valorar:

SIR – Servicio de Identidad de RedIRIS

A Biblioteca Universitaria de Santiago ven de poñer en marcha o acceso aos seus recursos electrónicos a través do SIR (Servicio de Identificación de RedIRIS). A Federación de Identidade é un método que permite establecer unha comunicación entre a institución á que pertence o usuario e o provedor dun deteminado recurso electrónico sen necesidade de … Seguir lendo

Valorar:

Toda a lingua galega no teu dispositivo móbil

GalApps, é un proxecto que se materializa en varios recursos lingüístico-tecnoloxicos complementarios, por exemplo un tradutor de galego para móbiles ou ben un dicionario galego (tamén) para o noso dispositivo. Coa promoción do galego como nexo común e baixo o epígrafe Toda a lingua galega no teu peto, GalApps vén de ser obxecto dun novo pulo co seu lanzamento definitivo … Seguir lendo

Valorar:

Horarios de verán da BUSC

A partir do 1 de xullo comezou o horario de verán na USC. A consulta dos horarios da Biblioteca Universitaria e os seus diferentes puntos de servizo pode facerse no seguinte enderezo: http://www.usc.es/biblioteca/busc/horario-veran ou picando nas seguintes ligazóns: Biblioteca Xeral Biblioteca da Facultade de Bioloxía Biblioteca da Facultade Ciencias Económicas e Empresariais Biblioteca da Facultade … Seguir lendo

Valorar:

Web da Biblioteca

Hoxe publicouse o novo sitio web da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela. Temos cousas novas como: aplicacións móbiles, novos recursos, unha sección de preguntas frecuentes, 2.0  e, por suposto, todos os contidos actualizados… A migración non rematou totalmente, estamos estudando a mellor forma de facelo para algunhas aplicacións, pero de cara ao usuario non … Seguir lendo

Valorar:

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas