BUSC

This category contains 83 posts

Integración das competencias ALFIN/AMI no sistema educativo: aproximación a un informe

CARMEN VARELA PRADO   En novembro do ano 2014 presentaba neste blog ao Grupo GTALFIN, un grupo de traballo multidisciplinar e nacional creado no ano 2007 para traballar en Alfabetización Informacional e Competencias Educativas. A comisión permanente do Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB) solicitou a este grupo, do que formo parte desde o ano 2014 … Seguir lendo

Valorar:

“Nos los inquisidores apostólicos, contra la herética pravedad, y apostasía…” : falamos da Banned Books Week e de censura no 1776 :-)

  Como tódolos anos, estase a celebrar nos Estados Unidos a Banned Book Week ou semana dos libros censurados. Trátase dun evento presencial e dixital – tendo lugar desde o ano 1982- e que pretende concienciar sobre a existencia aínda de moitas trabas e prexuizos contra a libertade, diversidade e opcións para lectoras e usuarias … Seguir lendo

Valorar:

España morreu (en 1756) : velaquí o seu testamento (sobre o anónimo atribuído a Macanaz)

JAVI VILLAR    En 1795,na corte do rei de España Carlos IV, apareceu enriba dunha mesa un manuscrito do que non se sabía nin o seu autor nin quen fora o que o deixara alí abandonado. O rei, impresionado despois da súa lectura, tentou informarse da súa orixe. Pero tan pronto como a Inquisición soubo da … Seguir lendo

Valorar:

John Dewey, educación e pedagoxía: unha exposición

  CARMEN VARELA PRADO O día 8 de setembro as 20 h. inaugurouse  na Sala de Graos e de Investigación da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) a exposición bibliográfica “in honorem” a  John Dewey,  filósofo, psicólogo e pedagogo americano considerado unha das figuras mais representativas da pedagoxía progresista. A súa obra mais emblemática, e … Seguir lendo

Valorar:

90 anos da inauguración da Biblioteca América da USC

JAVI VILLAR 0 26 de xullo de 1926 (un luns, por certo; ergo…) inaugurábase en Santiago de Compostela a Biblioteca América, intimamente vencellada á figura de Gumersindo Busto, un compostelano de Laraño, que non recibiu ainda todolos recoñecementos, homenaxes e recordatorios que merece. A biografía de Gumersindo Busto corre en paralelo a da biografía da … Seguir lendo

Valorar:

Acceso á base de datos de Autores Galegos da BUSC dende Dialnet

PALOMA CASTRO  Unha liña de traballo constante da Biblioteca Universitaria  céntrase dende hai anos na recompilación e visibilidade da produción científica do Persoal docente e Investigador da nosa Universidade, na procura da correcta identificación e desambiguación do nome empregado polos docentes e investigadores,  porque somos conscientes de que  esta tarefa constitúe  a base imprescindible para … Seguir lendo

Valorar:

Ex- Libris Universitatis: novis bloguis patrimonium rebiuniano

  JAVI VILLAR Un novo blog apareceu estes días na blogosfera (outro blog?). Trátase do blog “Ex libris universitatis”do Grupo de Trabajo de Patrimonio Bibliográfico de REBIUN (GTPB-REBIUN), no que tivo bastante participación a BUSC, tanto no seu deseño coma na posta en marcha e administración. E como primeiro post desta nova bitácora, alojada nos … Seguir lendo

Valorar:

Unha “Nota bene” sobre “bibliopiratas”

O noso compañeiro Javi Villar envíanos esta referencia dos Catálogos de la Biblioteca Universitaria de don José María de Bustamante y Urrutia: Parece que o concepto de “bibliopiratería” referíase, nese momento, a un volume “pantasma” que todos viran pero que ninguén sabe onde está, onde queda e ao que, lóxicamente, non se lle pode botar unha … Seguir lendo

Valorar:

Queres coñecer a Biblioteca Xeral?

  Co gallo do Día do Libro, o vindeiro 21 de abril convidamos aos estudantes de grao a unha xornada diferente na Biblioteca Xeral. Queremos que coñezades un pouquiño mais a biblioteca, poder ver algunha das xoias que aqui se gardan e, tamén, algo da historia tanto dos libros que temos como do edificio no … Seguir lendo

Valorar:

Mulleres na química…e na USC (exposición na Biblioteca de Químicas)

GRACIA FRUTOS MARTÍNEZ Na planta baixa da Facultade de Química, dende o 8 de marzo, pódese visitar a mostra bibliográfica “Mulleres na Química” organizada conxuntamente polo Decanato e a Biblioteca da Facultade de Química e comisariada por Gracia M. Frutos Martínez, e Xoan Guitián Rivera. De entrada libre e gratuita se poderá visitar áté  o 29 … Seguir lendo

Valorar:

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro