INÉS AMBOAGE GARCÍA “Na biblioteca hai máis ca libros”. É una expresión que habitualmente vai seguida de “materiais multimedia”, “servizos e atención personalizada”, “fiestra aberta á información e o coñecemento”, etc, etc. Hoxe referirémonos a algo máis prosaico (realmente?): os obxectos. Ben poideran ser os obxectos esquencidos nas bibliotecas, pero farémolo sobre un … Seguir lendo
Onte, 20 de febreiro, a Biblioteca Universitaria, a Oficina de Igualdade de Xénero e a Galipedia organizamos unha edición colectiva de contidos baixo o título con que encabezamos este post. Dende aquí, moitas grazas pola participación, a Xoana Pintos, a AMIT-GAL e as compañeiras da Biblioteca Intercentros de Lugo, especialmente a Rocío Moreiras pola súa implicación. … Seguir lendo
No claustro alto do Pazo de Fonseca, dende o luns 24 ao mércores 26 de abril, a BUSC expón, baixo o título de Curiosidades da BUSC, unha selección de documentos co gallo do Día do Libro. Así, nunha vitrina adicada á Biblioteca América, pódese contemplar dende libros doados á Biblioteca con curiosas dedicatorias, pasando … Seguir lendo
L.G Lemos en Praza.gal sobre o proxecto Phottic, unha startup galega que ven de desenvolver un espazo dixital adicado a memoria cotiá das fotografías, procedentes de colectivos ou recompiladas de forma individual. Asi acolle, por exemplo,documentación que abrangue a historia de clubes como o Deportivo da Coruña, coleccións promovidas por concellos como Fene, Celanova ou … Seguir lendo
Hoxe temos a honra, e o pracer, de presentar unha colaboración de Xoana Pintos Barral. Xoana é investigadora na USC, especialista en estudos de xénero e na presenza da muller no eido científico, e tamén autora da tese de doutoramento As mulleres nos estudos experimentais da Universidade de Santiago : 1910-1960. Tamén é a … Seguir lendo
O día 11 de febreiro é o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Hoxe propoñemos unha serie de lecturas – e reflexións!- sobre a situación das mulleres no eido científico. Aínda estamos lonxe de acadar a paridade, tanto nas equipas de investigación como na nosa presenza nos órganos de xestión. Deixamos algunhas … Seguir lendo
CARMEN VARELA PRADO O día 8 de setembro as 20 h. inaugurouse na Sala de Graos e de Investigación da Facultade de Formación do Profesorado (Lugo) a exposición bibliográfica “in honorem” a John Dewey, filósofo, psicólogo e pedagogo americano considerado unha das figuras mais representativas da pedagoxía progresista. A súa obra mais emblemática, e … Seguir lendo