Ferramentas

This category contains 38 posts

Ex- Libris Universitatis: novis bloguis patrimonium rebiuniano

  JAVI VILLAR Un novo blog apareceu estes días na blogosfera (outro blog?). Trátase do blog “Ex libris universitatis”do Grupo de Trabajo de Patrimonio Bibliográfico de REBIUN (GTPB-REBIUN), no que tivo bastante participación a BUSC, tanto no seu deseño coma na posta en marcha e administración. E como primeiro post desta nova bitácora, alojada nos … Seguir lendo

Valorar:

Elsevier, SSRN, os monopolios e o papel da independencia

  L.G. Hai uns poucos días coñecíamos a nova da compra de SSRN por parte de Elsevier,   As reaccións por parte da comunidade investigadora non se fixeron agardar. Por unha banda, había os que consideraban un “desastre”:  e un novo paso por parte da editorial de irse facendo pouco a pouco co control de … Seguir lendo

Valorar:

Guía de ORCID na BUSC

    Recentemente a Vicerreitoría de Investigación e Innovación da USC ditou unha Instrución sobre normalización da afiliación institucional nas publicacións cuxa autoría esté vinculada ao persoal da Universidade de Santiago de Compostela , na que se recomendaba ao PDI o emprego do código de identificación ORCID.  ORCID (Open Researcher and Contributor ID) é unha organización internacional … Seguir lendo

Valorar:

Buscas en diferentes linguas: queres axudar a Europeana ?

    Europeana, a gran biblioteca dixital europea, pide axuda e todoas podemos contribuír. Ademais dos seus 45 millóns de documentos – procedentes de diversas coleccións de diferentes países- o seu obxectivo mais próximo é que as buscas melloren a súa calidade e que deste xeito, todos podamos atopar o que buscamos cando o buscamos. … Seguir lendo

Valorar:

Falando das conclusións das XIII Xornadas CRAI

Mabela Casal Os pasados días 11 e 12 de xuño en Murcia 130 representantes de Bibliotecas, Servizos Informáticos e de Areas de innovación educativa de diferentes universidades españolas aproveitaron as XIII Jornadas CRAI para reflexionar, aprofondar e debater sobre a relación entre a Aprendizaxe Virtual e os MOOCs, así como sobre papel que desempeñan os … Seguir lendo

Valorar:

Scopus na BUSC

    A BUSC ven de contratar SCOPUS, a base de datos de Elsevier. O contrato enmárcase dentro da licenza nacional que xestiona a FECYT, dun xeito similar a da que xa viñabamos disfrutando de WoS  na comunidade universitaria da USC. O que Scopus oferta é: 21000 títulos de máis de 5.000 editores internacionais. 20000 revistas … Seguir lendo

Valorar:

Subvención do servizo de préstamo interbibliotecario e fotodocumentación

Na comisión de biblioteca do 18 de marzo, acordouse a gratuidade do servizo de fotodocumentación e préstamo interbibliotecario para os membros da comunidade universitaria.  Quere decir isto que podemos solicitar todos os documentos que queramos e fotocopiar sen límite? Non exactamente. Vexamos as preguntas que poden xurdir ao respecto: Se o servizo é gratuíto podo … Seguir lendo

Valorar:

O que é Prelo

L.G. Na BUSC estamos de estrea e ben contentos. Hoxe presentamos un proxecto no que se implica, por unha banda, a Biblioteca Universitaria e o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC  pola outra: nace hoxe oficialmente Prelo, (Préstamo de Libros Online), a plataforma de libros electrónicos académicos. O Servizo de Publicacións, compoñente da … Seguir lendo

Valorar:

Editatón do Día da Ciencia en Galego: así o vivimos e así o contamos

BIBLIOTECARIOS E BIBLIOTECARIAS DA BIBLIOTECA INTERCENTROS DE LUGO O sábado, 8 de novembro tivo lugar na Biblioteca Intercentros o primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego. A proposta, que nos chegou do Servizo de Normalización Lingüística, decontado nos encheu de entusiasmo. Aceptámola, combinándoa cos xa daquela varios cursos de formación abertos, os centos de … Seguir lendo

Valorar:

Acceso aberto na Universidade de Santiago de Compostela : Balance de dez meses de autoarquivo

Isabel Casal Reyes Parece axeitado que aproveitando a conmemoración da Sétima Semana Internacional do Acceso Aberto, fagamos dende a BUSC  un balance trala apertura do Repositorio Institucional Minerva á Comunidade Universitaria na modalidade de autoarquivo en xaneiro de 2014. Apuntemos algunhas cifras: Número de documentos depositados en Decembro de 2013—>8848 Número de documentos na actualidade–> … Seguir lendo

Valorar:

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

Advertisements