Galicia

This category contains 22 posts

Queres coñecer a Biblioteca Xeral?

  Co gallo do Día do Libro, o vindeiro 21 de abril convidamos aos estudantes de grao a unha xornada diferente na Biblioteca Xeral. Queremos que coñezades un pouquiño mais a biblioteca, poder ver algunha das xoias que aqui se gardan e, tamén, algo da historia tanto dos libros que temos como do edificio no … Seguir lendo

Valorar:

Mulleres na química…e na USC (exposición na Biblioteca de Químicas)

GRACIA FRUTOS MARTÍNEZ Na planta baixa da Facultade de Química, dende o 8 de marzo, pódese visitar a mostra bibliográfica “Mulleres na Química” organizada conxuntamente polo Decanato e a Biblioteca da Facultade de Química e comisariada por Gracia M. Frutos Martínez, e Xoan Guitián Rivera. De entrada libre e gratuita se poderá visitar áté  o 29 … Seguir lendo

Valorar:

Falamos de “Elas”, do 8 de marzo, de visibilidade… e de “LITERARIAS, Territorio das Mulleres”

  Incorporada recentemente aos fondos da Biblioteca Xeral, Elas quere ser un recoñecemento a todas as mulleres galegas e á súa obra ao longo do tempo  e constitúe a presentación no mundo da edición de A Xanela Editorial. Trátase dunha edición de luxo de 155 exemplares numerados que consta dun libro e dezaseis serigrafías nun estoxo. … Seguir lendo

Valorar:

Incunabula universitatis

De hito na historia incunabulística española pode considerarse a publicación por parte do Grupo de Patrimonio Bibliográfico da Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN) da obra Incunabula universitatis: los incunables de las bibliotecas universitarias españolas. Despois da publicación polo mesmo Grupo de traballo de REBIUN en 2008 da tamén imprescindible no seu ámbito Guía de manuscritos en … Seguir lendo

Valorar:

Sobre Montero Ríos nos fondos da BUSC (a propósito dunha exposición)

XOSÉ RAMÓN LEMA BENDAÑA No espacio expositivo do Colexio de Fonseca, sé da Biblioteca Xeral da Universidade, inaguróuse onte a mostra “Eugenio Montero Ríos: o xurisconsulto e o político na Compostela do seu tempo”, comisariada por Margarita Barral y Pablo Costa.” De entrada libre e gratuíta ata o 31 de octubre.   Nela percórrese a … Seguir lendo

Valorar:

Vendo xoias da BUSC e na Biblioteca América: curso sobre historia do libro

YOLANDA DIÉGUEZ CRISTAL MARTÍNEZ POUSA     No pasado mes  de xuño algúns dos membros do persoal da BUSC disfrutamos dun curso titulado “Historia do libro e as bibliotecas a través dos fondos da Biblioteca Xeral”, impartido polo xefe de mantemento de fondos, Xosé Ramón Lema, nun lugar privilexiado como é a Biblioteca América.   … Seguir lendo

Valorar:

Unha biblioteca circulante compostelana ….do ano 1924

L.G. Por azares das doazóns, traemos hoxe unha obriña que cativounos completamente. Primeiro, porque se trata dun regulamento e catálogo dunha biblioteca circulante na Compostela de 1924. E, segundo, e por se isto non fora pouco, ven acompañado dunha ampla e variada mostra de publicidade da época, nunha aproximación moi orixinalao que era o comercio … Seguir lendo

Valorar:

Editatón do Día da Ciencia en Galego: así o vivimos e así o contamos

BIBLIOTECARIOS E BIBLIOTECARIAS DA BIBLIOTECA INTERCENTROS DE LUGO O sábado, 8 de novembro tivo lugar na Biblioteca Intercentros o primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego. A proposta, que nos chegou do Servizo de Normalización Lingüística, decontado nos encheu de entusiasmo. Aceptámola, combinándoa cos xa daquela varios cursos de formación abertos, os centos de … Seguir lendo

Valorar:

Falando con Fran Redondo sobre “Bibliotecarias e bibliotecarios infames”

O noso compañeiro Fran Redondo ven de publicar un moi interesante estudo sobre bibliotecarios e bibliotecarias depurados e represaliados  trala  Guerra Civil. Fran, ben coñecido por todos nós coma autor e compañeiro da BUSC, ten publicados un feixe de traballos sobre o maquis ou guerrilleiros, bibliografías específicas sobre o Prestige e moito sobre cuestión relativas … Seguir lendo

Valorar:

Wenceslao Fernández Flórez fala de humor, de cartos, de “Volvoreta”…

  A BUSC ven de adquirir unha transcripción da entrevista que lle fixo ao escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez o xornalista Dicenta en Radio España, o día 6.12.1956.  Fernández Flórez, que xa era un escritor recoñecido daquela, responde a algunhas cuestións relativas á súa escrita, o seu concepto de humor e as influenzas literarias que … Seguir lendo

Valorar:

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro