L.G. Levamos falado moito do que estivemos a facer, aínda facendo, durante a pandemia, a crise do COVID19. Unha circunstancia tan extrema, descoñecida e case distópica, lanzou as bibliotecas a un salto sen rede, a unha adaptación rápida e sen tregua. Mencionamos, como é lóxico, o traballo da BUSC cunha nova web, cunha aposta informativa … Seguir lendo
MABELA CASAL O pasado 15 de novembro arrancou en Logroño a Asemblea anual de REBIUN. Pero aínda que soe a tópico, non foi una Asemblea calquera. Durante os tres días de duración da mesma, ademais de debater os temas que de xeito habitual nos preocupan nas bibliotecas universitarias, homenaxeamos á propia historia de REBIUN. … Seguir lendo
Lemos no blog de EC3 un impactante artigo (Rafael Repiso: Las Redes Sociales cambian el modelo editorial científico…) sobre a trascendencia que pode ter no modelo de comunicación científica sustentado polo sistema académico a irrupción dunha combinación novedosa e, ao mesmo tempo, sorprendente: a unión dunha rede social científica e o pago por acceso a determinados … Seguir lendo
A Biblioteca Universitaria da un paso máis a prol da normalización do uso da nosa lingua e saca agora á luz un traballo emprendido hai anos co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC : estamos a falar da tradución ao galego dos termos que a Biblioteca emprega na indización temática de todos os … Seguir lendo
Crebas e naufraxios: a Biblioteca do Colexio de Fonseca nos séculos XVIII e XIX, de Concepción Varela Orol e publicado pola Universidade da Coruña (2012), analiza a historia da biblioteca do Colexio maior da Universidade de Santiago dende os inicios do século XVIII, cando era a biblioteca da Universidade, ata a desaparición do Colexio de Fonseca en 1840, cando a biblioteca convivía coa … Seguir lendo
Hoxe publicouse o novo sitio web da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela. Temos cousas novas como: aplicacións móbiles, novos recursos, unha sección de preguntas frecuentes, 2.0 e, por suposto, todos os contidos actualizados… A migración non rematou totalmente, estamos estudando a mellor forma de facelo para algunhas aplicacións, pero de cara ao usuario non … Seguir lendo
Comezamos con esta entrada o blog da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela. O título do blog, Fonseca, tomámolo do edificio que alberga os servizos centralizados da Biblioteca Universitaria e a Biblioteca Xeral. O Colexio de Fonseca foi, ademáis, a primitiva sede da Universidade de Santiago. Os temas que pretendemos tratar aquí serán de interese … Seguir lendo