L.G. Que o coñecemento ten que ser universal e sostible, é, sen dúbida un dos piares do acceso aberto. Tamén o feito de que existen outras formas de publicación, de difusión da información científica e médica. Non imos falar agora de cuestións que xa trataron outras mellor ca nós e nós mesmas de xeito máis … Seguir lendo
L.G. Nos pasados días, sorprendeunos a nova publicada en Nature da acción que emprendeu Elsevier contra algúns revisores que, parece, “suxerían” ( e non de xeito moi sutil) mención aos seus propios traballos nos artigos que revisaban. Elsevier, sempre atento ao que poda ir en contra dos seus intereses (lembremos a acción emprendida contra Academia.edu, … Seguir lendo
Moitas veces queixamos de que a comunicación científica non aparece ben reflectida na prensa que chamamos xeralista. Queixamos de que cuestións coma avaliación da actividade investigadora, a relevancia que ten a publicación en aberto ou as cuestións relacionadas co factor de impacto, aparezan en moitas ocasións tratadas dun xeito algo superficial e que poda dar … Seguir lendo
L.G. O pasado día 15 leíamos a nova de que o consorcio de bibliotecas universitarias alemanas DEAL anunciaba a interrupción das negociacións con Elsevier de cara ao ano 2017. DEAL, do que forman parte preto de sesenta universidades alemanas, basea a súa decisión nos altísimos prezos establecidos na devandita renovación e, tamén, na restritiva … Seguir lendo
L.G. Hai uns poucos días coñecíamos a nova da compra de SSRN por parte de Elsevier, As reaccións por parte da comunidade investigadora non se fixeron agardar. Por unha banda, había os que consideraban un “desastre”: e un novo paso por parte da editorial de irse facendo pouco a pouco co control de … Seguir lendo
L.G. A idea para esta reflexión parte dunha interacción en redes sociais. Compartimos desde a nosa conta de Twitter un artigo de Ryan Merkley, CEO de Creative Commons, publicado na revista Wired e titulado You paid to read research you fund. That’s ludicrous (o que ven sendo, mais ou menos, “pagas por ler resultados de literatura … Seguir lendo
LORENA GÓMEZ Nas pasadas semanas asistimos ao terremoto que supuxo nas redes sociais a nova de que Elsevier solicitaba a Academia.edu que retirase do seu host os papers que non cumpriran os requisitos esixidos pola editorial para o auto arquivo: ser o preprint, o “manuscrito” enviado á editorial antes da publicación, e non o artigo … Seguir lendo